Culleredo celebra o sábado o seu II Día do Patín

Culleredo celebra este sábado, 22 de marzo, a segunda edición do Día do Patín, unha festa da patinaxe artística pensada para toda a familia. O II Día do Patín terá lugar no polideportivo municipal de Tarrío, en horario de 11.00 a 13.00 horas. O evento está pensado tanto para nenos como para adultos.

Culleredo e Adicae ensinan a presentar reclamacións en Consumo

A Concellaría de Sanidade xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE) organizan o taller "Reclamacións máis comúns en materia de consumo". Será o xoves 20 ás 19.30 horas en Vila Melania.

O Concello e AEAL ofrecen grupos de apoio a afectados por cancro e familiares

A Asociación Española de Afectados por Mieloma, Linfoma e Leucemia (AEAL), coa colaboración do Concello de Culleredo leva a cabo, dentro do seu programa de actividades, un grupo de apoio psicolóxico dirixido a afectados por cancro e familiares.

O Concello abre a inscrición nos campamentos urbanos de primavera

O Concello de Culleredo abre a convocatoria de inscrición na segunda edición os campamentos urbanos de primavera, que terán lugar nas vacacións de Se,ama Santa. O prazo para formalizar a inscrición comprenderá entre o 17 e o 28 de marzo.

Culleredo ofrece asesoramento aos veciños para a escolarización dos nenos

Ata o 20 de marzo permanece aberto o prazo para a presentación das solicitudes de admisión correspondentes ao curso escolar 2014-2015. Para apoiar ás familias cullerdenses neste procedemento, o Concello de Culleredo ofrece información e asesoramento desde a Concellería de Educación.

Policía Local e Garda Civil colaborarán con Servizos Sociais na prevención de adiccións

O Concello formou ás forzas de seguridade do municipio como mediadores ante condutas adictivas. A iniciativa implicará o establecemento dunha colaboración permanente entre Policía Local e Garda Civil con Servizos Sociais para levar a cabo funciones de prevención e actuación ante calquera tipo de adicción.

Teatro El Ruiseñor: Las esposas alegres de Windsor

Data : 
30/03/2014 - 19:30 - 21:00

Teatro El Ruiseñor: Las esposas alegres de Windsor

Data : 
29/03/2014 - 20:30 - 22:00

Obradoiro de contos

Data : 
21/03/2014 - 18:30 - 19:30

Audición de violoncello

Data : 
21/03/2014 - 18:15 - 19:15

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina