Culleredo denuncia o convenio firmado coa Coruña para o servizo de taxis no aeroporto

Ante os graves incumprimentos do acordo firmado co Concello da Coruña para a prestación do servizo de taxis no aeroporto, o Concello de Culleredo denunciará o convenio e demandará a redacción dun novo para mellorar o sistema. Prevese unha reunión para finais de mes.

O Concello recibe a confirmación da Xunta da próxima licitación do novo instituto

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, mantiveron unha reunión coa Consellería de Educación para analizar a situación na que se atopan os proxectos de construción do futuros IES e CEIP.

O Burgo estrea o venres 11 unha mostra de literatura infantil

Desde o 11 de outubro ata o 10 de novembro a Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” acollerá unha orixinal exposición sobre literatura infantil, buxainas e ilustracións.

Programación infantil da Biblioteca para o mes de outubro

Contacontos, contos en inglés, representación de títeres e obradoiro de Samaín conforman a programación infantil da Biblioteca municipal do Burgo.

O Concello executa un amplo plan de arranxo de beirarrúas e zonas de estacionamento

O Concello de Culleredo deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que inclúe tamén a reparación daquelas zonas de estacionamento de vehículos que así o requiren, puntos polos que tamén pasan os veciños a pé. Este plan xa está en marcha. Estes días leva a cabo no Burgo, na contorna da Cros.

O Concello reforma o parque Sofía Casanova de Vilaboa

O parque Sofía Casanova, de Vilaboa, prepárase para adquirir unha nova cara. O Concello de Culleredo executa as obras de reforma do espazo con obxecto de mellorar as súas prestacións, a petición dos veciños da zona que frecuentan a diario a zona para a práctica deportiva, pasear ou levar aos nenos.

Festival de Pulso e Púa

Data : 
05/10/2013 - 20:30 - 22:00

Contacontos coa Dragona Ramona

Data : 
04/10/2013 - 18:30 - 19:30

A avenida Electo Carballo recupera o seu estado orixinal tras as obras de Emalcsa

Hai dúas semanas comezou o asfaltado de toda a avenida Electo Carballo, entre O Portádego e Fonteculler. Agora ultímase o pintado da calzada, incluíndo os pasos de peóns de vías perpendiculares, para devolvela ao seu estado normal tras a as obras de Emalcsa..

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina