A Dragona Ramona, en Culleredo

A Dragona Ramona estará de volta o vindeiro 24 de xaneiro ás 18:30 na biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa, desta vez co conto '999 irmás ras múdanse de charca' de Ken Kimura.

 

Apertura do rexistro municipal

 

Comunícase que os vindeiros días 24 e 31 de decembro de 2019 as dependencias municipais do Concello de Culleredo permanecerán pechadas salvo o Rexistro Xeral Municipal, sito na Casa Consistorial (Rúa do Concello número 12) que permanecerá aberto ámbolos dous días en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Aviso polo temporal previsto para o sábado 21 de decembro

As actividades deportivas en instalacións municipais descubertas previstas para mañá sábado 21 de decembro de 2019 quedan suspendidas debido ás alertas por temporal determinadas polo 112.
 
Tamén queda cancelada a visita do Apalpador a Fonteculler, que se ía celebrar nunha carpa no exterior.
 
Quedará ademais pechado o xardín botánico do Burgo e Vila Melania.
 
 

Descontos no Circo nos comercios de Culleredo

O Concello de Culleredo, co fin de fomentar a compra no comercio local, está a facer entrega duns vales desconto para o Circo.


 

7º Trail Running e Andaina de Orientación de Orro

O vindeiro 22 de decembro celebrarase o 7º Trail Running e Andaina de Orientación en Orro.

ABERTO DE BILLARDA

O domingo 22 de decembro terá lugar a celebración da 8ª xornada de liga Conferencia Noroeste, da tempada 2019/2020. 

Campionato de Tute Concello de Culleredo

Celebrarase nas sedes das asociacións de veciños ou no lugar que nomee a organización. O mínimo de parellas por sede será 5 e só se poderá participar nunha sede. 

Cada sede determinará os sistemas de xogo, así como as normas para a 1ª fase, que deberá finalizar na última semana de marzo de 2020. 

 

Novo corte no subministro da rede eléctrica

UFD Distribución Electricidad comunicoulle ao Concello de Culleredo que se producirán novos traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica, polo que se procederá ao corte na rede nas seguintes localizacións, o vindeiro 19 de decembro de 0:00 a 6:00 horas.
 
O Burgo- Santiago (Anxo Senra Fernández número 2, 4, 6; Manuel Azaña número 1,3 e 5 e Pintor Julio Fernández Argüelles número 2010, 9996).
 
 

 

Culleredo di NON ao acoso escolar

No Concello de Culleredo, realizouse unha Campaña contra o Acoso escolar baixo o título "Eu non son cómplice", que se está a levar a cabo entre decembro de 2019 a maio de 2020, nas aulas de 1º ESOº dos centros públicos municipais. 

Aviso de corte no subministro eléctrico

Co fin de elaborar tarefas de mantemento na rede eléctrica, a empresa UFD Distrubición comunicoulle ao Concello de Culleredo que se efectuará un corte no subministro de 3:00 a 7:00 horas o vindeiro 17 de decembro.

Desculpen as molestias. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina