O Concello de Culleredo informa do traslado da oficina de atención ao cliente por parte da empresa que xestiona o servizo de abastecemento e saneamento. Segundo indica Gestagua, a atención efectuarase desde hoxe luns na rúa Irmáns Suárez Ferrín número 4, baixo dereita.
O Concello de Culleredo lanza os seus campamentos urbanos musicais. Celebraranse en xulio e agosto. A inscrición comeza o luns 23 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.
O Concello publica os resultados da xornada primeira e o calendario da segunda, que terá lugar o venres 6 de maio.
Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e de agarda da XVII Mañás de campamento: campamentos que concilian 2016.
O Concello de Culleredo publica o calendario de matrícula no Conservatorio Profesional de Música para o curso 2016 - 2017.
O Concello de Culleredo publica a información do programa "Mañás de campamento", que celebrará o vindeiro verán como iniciativa de conciliación e ocio educativo. A solicitude de praza comprenderá entre o 28 de marzo e o 8 de abril.
Os maiores de Culleredo continuarán co seu programa de viaxes saudables en Portugal, na localide de Monçaos. Terá lugar o 20 e 21 de abril.
De acordo co artigo 19 da Ordenanza municipal de Transparencia, acceso á información e reutilización, publícase a información sobre as subvencións e axudas concedidas, con indicación do seu importe, obxectivo ou finalidade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER