Xa está aberta a inscrición para os Campamentos Deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña, dirixidos a rapaces de entre 9 e 14 anos. A quenda para o Concello de Culleredo vai do 8 ao 13 de xullo e o prazo para anotarse remata o 15 de xuño.
Cancelada a representación da obra 'House', de Teatro do Morcego, que iba a ter lugar o 15 de xuño en Servizos Múltiples.
Do 25 de xuño ao 13 de xullo terá lugar o XV Campus Multiaventura organizado polo Club Baloncesto Culleredo.
Adxuntamos os resultados da semifinal e os emparellamentos para a gran final e o 3º e 4º posto, que se celebra hoxe, venres 1 de xuño, ás 21 horas.
Consulta os diferentes cursos do plan municipal de formación laboral, dirixido a veciños e veciñas do Concello de Culleredo preferentemente en situación de desemprego.
Consulta as medidas de prevención de incendios forestais que achega a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
O martes 23 de xaneiro ás 10:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, procederase ao sorteo das 12 prazas concedidas ao Concello de Culleredo para a campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña. Este acto ten carácter público polo que poderá asistir calquera interesado/a.
Consulta o tríptico para coñecer o funcionamento das Bibliotecas Municipais 'Miguel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).
Desde o vindeiro luns, 6 de novembro, entrarán en funcionamento os novos horarios e rutas dos autobuses metropolitanos, xestionados por Autos Calpita - Asicasa.
Consulta toda a información nos documentos adxuntos.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 6 de marzo de 2017 ás 13.00 horas, en primeira convocatoria, tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial (1ª andar) diferentes seguintes asuntos.
O Concello de Culleredo abre a exposición pública da ordenanza de transparencia, acceso á información e reutilización, que foi aprobada polo pasado pleno da corporación.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o día 1 de decembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público na sala de Comisións da Casa Consistorial a determinación do prezo na opción de compra dun vehículo de emerxencias.
A Xunta de Goberno Local do 30 de xuño de 2014 tratará en acto público a proposta relativa ao reaxuste de anualidade do contrato de axuda a domicilio.
O Concello de Culleredo celebrará o luns, 28 de abril, ás 13.00 horas, o sorteo dos membros de mesas electorais para as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o 25 de maio de 2014. O acto será público.
Publicación das listaxes de agarda nas escolas infantís do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar radicadas en Culleredo.
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou revogar parcialmente o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana nos aspectos concretos indicados no informe do equipo redactor do 13 de agosto de 2013. A dita revogación deixa sen efecto os documentos que resultan substituídos polos rectificados aprobados inicialmente na devandita sesión do 29 de agosto de 2013 e que se relacionan neste anuncio.
O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER