O Concello de Culleredo lanza unha ampla programación infantil para o mes de agosto. Haberá actividades tanto na Biblioteca de Vilaboa como no centro social do Burgo. Os pequenos poderán gozar de diferentes obradoiros, adaptados aos diferentes rangos de idade.
A partir do 1 de xullo, o horario das bibliotecas será de 10.00 a 17.00 horas. Ademais, a Biblioteca do Burgo pechará, por obras, a partir do 15 de xullo. A atención ao público seguirase prestando dende a Biblioteca de Vilaboa.
O día 30 de xuño puxéronse en funcionamento de forma definitiva as novas liñas de bus, tanto o metropolitano como o de interese municipal. A continuación pódese acceder ao cadro de horarios.
O Concello e a compañía de Teatro El Ruiseñor lanzan o I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo. O goberno local quere aproveitar a auxe desta modalide artística no municipio para seguila potenciando.
A Concellaría de Cultura programa neste mes obradoiros de cociña e de contos para os nenos. Desenvolveranse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
O Concello de Culleredo leva a música ás rúas do municipio. Un novo programa cultural do Concello difune a música instrumental por lugares concorridos con paso elevado de xente.
O polideportivo municipal de Vilaboa e o de Almeiras foron designados como colexios electorais para as próximas Eleccións Europeas do 25 de maio, ocasionando cambios no seu uso.
O sorteo para a designación das prazas para o campamento deportivo 2014 organizado pola Deputación da Coruña farase o 27 de maio as 12.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples.
A Xunta de Goberno Local que terá lugar o vindeiro luns 19 de maio, ás 13.00 horas, na sala de Comisións da Casa do Concello, tratará en acto público o inicio do expediente de contratación do suministro dun vehículo para Emerxencias.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER