O Concello de Culleredo e Adicae Galicia proseguen co seu traballo conxunto para dar a coñecer aos veciños os seus dereitos como consumidores. Nesta ocasión organizan unha xornada para abordar un aspecto que sempre xera incerteza entre a cidadanía: as compras por teléfono e internet.
A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Culleredo, convoca a súa campaña de esquí para 2015. A actividade terá lugar en Manzaneda, do 13 ao 15 de febreiro.
O Concello de Culleredo participará na III Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, que organiza o Consorcio As Mariñas. Será este ano en Betanzos, o 22 de novembro, ás 10.00 horas. O Concello pon autobuses gratis para acudir.
O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar aos veciños unha alternativa de lecer infantil durante as vacacións escolares de Nadal. O Burgo acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, fóra de fins de semana, festivos e 24 e 31, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O Concello de Culleredo ofrece unha ampla programación infantil na Biblioteca de Vilaboa. Contacontos, contos en inglés, obradoiros e biblioxogos conforman a programación.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 17 e 18 novembro, en horario de 9:00 a 12:30 horas, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania.
O Concello de Culleredo presenta a súa programación infantil para este mes de outubro. A oferta componse das actividades da biblioteca e do Festival Internacional de Títeres que promove o Consorcio As Mariñas.
O Concello de Culleredo acaba de lanzar a programación para adultos nas bibliotecas municipais. A Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares", situada en Vilaboa, acolle desde este mes diferentes actividades relacionadas coa literatura, destinadas para veciños desde os 18 anos de idade.
A Xunta de Goberno Local do 29 de setembro de 2014 ás 13.00 horas tratará en acto público a rectificación do acordo de adxudicación do subministro dun vehículo de emerxencias.
O Concello de Culleredo organiza un taller, en nivel de perfeccionamento, de lingua de signos. Para asistir é necesario acreditar que se posúe nivel básico. A formación terá lugar en Vilaboa, no pazo de Vila Melania, desde 13 de outubro ao 1 de decembro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER