II Certame de teatro inclusivo APEM

O xoves 2 de maio celebrarase no edificio de Servizos Múltiples, ás 17:30 horas, o II Certame de Teatro Inclusivo APEM - Asociación Pro Enfermos Mentales.

Contaremos coas actuacións de:

- Os vellucos de Cosme.
- APEM Culleredo.
- APEM Carballo, presentando "Cambiouche ben o conto".

Aberta a inscrición no programa Cullerchef para este segundo trimestre de 2019

O Concello de Culleredo convoca unha nova edición do seu programa Cullerchef, de cociña saudable, para o segundo trimestre deste ano 2019. A inscrición pode efectuarse desde hoxe 22 de abril ata cubrir prazas.

Cambio na localización de varios postos no Feirón de Acea de Ama este domingo, 14 de abril

O Concello de Culleredo informa de que, debido ás obras de abastecemento de auga que está a executar Emalcsa na avenida de Ribados, cambiarase a localización de varios postos no Feirón de Acea de Ama deste domingo, 14 de abril.

En concreto, os postos que habitualmente se sitúan na avenida de Ribados e na avenida de Rutis, principalmente de alimentación e produtores locais, trasladaranse cara arriba na rúa Vicente Risco, a continuación dos que se instalan sempre nesa vía.

A nivel de circulación manterase a configuración provisional, co desvío desde a entrada do parque deportivo ata a avenida de Ribados.

Curso de iniciación á esgrima

Os días 15, 16 e 17 de abril terá lugar, no polideportivo de Vilaboa, o curso de iniciación á esgrima. 

Mañás de campamento 2019

Presentamos as 'Mañás de campamento' do Concello de Culleredo. As familias interesadas poden imprimir a ficha para entregar do  día 22 de abril e ata o 3 de maio, ambos os dous incluídos, ao Servizo Municipal de Educación no Edificio de Servizos Múltiples.

 

 

 

88º aniversario da II República

O venres 12 de abril, terá lugar na praza de Galicia a ofrenda floral no monumento ao Gernika, con motivo do 88º aniversario da II República. Será ás 13:00 horas. 

Presentación do libro "Haikiños. De luces e sombras", de María Míguez

O venres 12 de abril, ás 20:00 horas, a Sala de Vídeo do edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a presentación do libro "Haikiños. De luces e sombras", de María Míguez.

Intervirán Carmen Varela, concelleira de Educación e Cultura, Carlos Pereira, Historiador, Puri Sánchez Piqueras, editora da publicación e María Míguez, a autora. 

Programación cultural de abril para nenas e nenos do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo presenta a programación cultural para nenas e nenos de este mes de abril.

Campamentos de primavera de Culleredo

Do 15 ao 22 de abril, terán lugar os Campamentos de primavera do Concello de Culleredo. 

Culleredo prepárase un ano máis para reunir aos mellores intérpretes do contrabaixo

Os días 29, 30 e 31 de marzo, o Conservatorio Profesional de Música de Culleredo acolle o 'Galicia Graves 2019'. Está orientado para ser aproveitado por estudantes e profesionais de calqueira idade a nivel técnico. 

Corte de circulación na Avenida Ribados

As obras de mellora dunha das condicións principais de Emalcsa suporán un corte de tráfico na avenida Ribados. 

Plan Municipal de Formación Laboral 2019

O Plan Municipal de Formación Laboral 2019 do Concello de Culleredo está dirixido, preferentemetne, ás persoas en situación de desemprego e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Curso de monitor de tempo libre

Aberta a inscrición para o Curso Oficial de Monitor/a de Tempo Libre.

Exposición 'Ut Pictura Poesis', de María Míguez

Do 22 de marzo ao 20 de abril, poderedes contemplar, no Xardín Botánico do Burgo, a exposición de María Míguez 'Ut Pictura Poesis'. 
 
 

 

II Copa de fútbol feminino '8 de marzo'

O 19 de marzo de 2019 celebrarase no Campo Municipal de Rutis a II Copa de fútbol feminino '8 de marzo'. 

"Poeta nena"

O 22 de marzo ás 19:30 está previsto que se leve a cabo a función "Poeta nena" no auditorio de Servizos Múltiples do Burgo. 

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2019

Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Concellaría de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego. 

Visita á XXVII Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá

O Concello de Culleredo organiza unha excursión de maiores á XXVII Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, para o vindeiro 24 de marzo en Lugo.

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de coidado de bonsáis

O 4 de marzo abriuse o prazo de inscrición para o obradoiro de coidado de bonsáis.

Culleredo programa diversas actividades para celebrar o Día Internacional da Muller

O Concello de Culleredo programou unha serie de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller, con data oficial o 8 de marzo, aínda que as actividades se desenvolverán ao longo da semana. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina