Actividades no mes de setembro das bibliotecas de Culleredo

O mes de setembro vén cargadiño de actividades nas bibliotecas de Culleredo. Consulta aquí todas e cada unha delas! 

Inscrición para o Club de Natación As Marinas de Culleredo

O Club de Natación As Marinas promociona a natación. Potencia as túas cualidades, con espírito de equipo unido á competición con altas doses de diversión.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN PARA A MATRÍCULA NOS ESPAZOS DE BENESTAR PARA O CURSO 2019-2020

O Concello de Culleredo publica a listaxe definitiva de admisión para a matrícula nos espazos de Benestar para o vindeiro curso 2019-2020.

ROMARÍA FOLCLÓRICA ESTE SÁBADO NO PASEO MARÍTIMO DO BURGO

O Paseo do Burgo acollerá este 14 de setembro, a romería 'Cando tes palleta nova e está branda', que reunirá agrupacións folclóricas de pequenos e maiores.

Non a podes perder! Lembra, este sábado a partir das 12:30 horas. 

XII MEMORIAL JOSÉ RAMALLO "PEQUECHO"

O vindeiro 14 de setembro, terá lugar o XII Memorial José Ramallo 'Pequecho', no recinto multiusos do Paseo Marítimo do Burgo. As inscricións abriranse a partir das 11:00 horas, que terán un prezo de 20 euros.

- Ás 12:30 horas farase a ruta antiga de subida a Culleredo.
- Ás  15:00 horas terá lugar a comida, con callos, sorteo e agasallos.
- Ás 17:00 horas, a ruta. Posteriormente, a exhibición de minimotos.
- Ás 22:00 horas, gran paellada, con sorteo e agasallos.

Haberá musica con DJ durante todo o evento.

Interrupción no servizo de subministración eléctrico en Culleredo

A empresa Naturgy realizará un corte no subministro eléctrico o vindeiro 12 de setembro. Ca finalidade de efectuar traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica, de 3:00 a 7:00 horas haberá cortes nos seguintes lugares: 

- O Burgo (avenida Coruña número 9, 11, 13, 19, 23, 25, 357)

- Consevatorio número 1, 3, 5.

- Ferrocarril número número 1, 3.

- Manuel Azaña número 1.

- Mosteiro de Carracedo, do número 1 ao 9. 

 

Publicadas as listaxes de preinscritos nas actividades municipais do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo vén de publicar as listaxes coas persoas preinscritas nas actividades municipais para o curso 2019-2020.

Novos cortes no subministro eléctrico

A empresa de distribución eléctrica Naturgy comunicoulle ao Concello de Culleredo que o vindeiro día ???? 11 de setembro, realizaranse tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede.

De 0.00 a 3.00 horas, na Corveira, nas seguintes localizacións:

Antón Losada Diéguez, número 1 a 7, impar do 9 ao 16; Avenida Corveira, número 2, 16, 22, 24, 26, impar do 7 ao 35; avenida Vilaboa número 142; Pablo Neruda numero 1, par do 2 ao 10; avenida de Cordeda (número 2, 8, 9, 16, 17, 19, 21, 33, 59; Condes de Andrade número par do 6 ao 16; Manuel Currois Enríquez, número 5,7,9).

De 3:00 a 7:00 horas, estarán fora de servicio unha serie de instalacións en Santiago do Burgo, a coñecer:

Avenida Fonteculler número 27, 31, 33, par do 68 ao 76; Jorgue Guillén número 9).

Acea de Ama, número 15, 18: Andrés Pan Vieiro número par do 2 ao 10; 24; Mosteiro de Sobrado número 1, 2; Paseo Fernando II número 1; Ramón Cabanillas, número 6, 11 ao 20).

Conduzo (Clara Campoamor nº 15, 16; Senra nº 6)

Vilaboa ( avenida Vilaboa nº 165, 171, 173, 175, 185).

Aviso de corte no suministro eléctrico

A empresa de distribución eléctrica Naturgy comunicoulle ao Concello de Culleredo que o vindeiro día 9 de setembro, realizaranse tarefas de mantemento e desenvolvemento da rede.

De 3:00 a 7:00 horas, estarán fora de servicio unha serie de instalacións nas seguintes zonas:

- A Corveira (Alejandro Pérez Lugin nº1 ao 5, 7 ao 11; avenida Vilaboa nº1, 156, impar 177 a 197, 203; Gómez Pérez das Mariñas, nº2, 4, 6).

- Conduzo (Clara Campoamor nº 15, 16; Senra nº 6)

- Vilaboa ( avenida Vilaboa nº 165, 171, 173, 175, 185).

'Patapatúm', de Elefante Elegante

???? O vindeiro día 13 de setembro, o auditorio do edificio de Servizos Múltiples acollerá a representación da obra 'Patapatúm', de Elefante Elegante.

Torneo de Fútbol Concello de Culleredo 2019

O Olímpico de  Rutis conseguiu un doblete para as súas vitrinas tras a disputa do Torneo de Fútbol  Concello de Culleredo 2019 durante o pasado mes de agosto. O conxunto cullerdense fíxose coa vitoria no  XXII Trofeo de Fútbol de Veteranos, tras derrotar por 2-0 ao Sporting Burgo na final, así como no  XLII Trofeo de Fútbol  Afeccionado, despois dun  apretadísimo encontro fronte á UDJ Almeiras, con resultado final de 4-3.

 

Inauguración da exposición da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA)

O vindeiro día 6 de setembro, a Aula de Natureza Juan Lembeye acollerá a inauguración da exposición da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA). Será ás 20:00 horas.

Aviso de cortes de electricidade na madrugada dos días 2 e 3 de setembro

O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio. Será na madrugada do 2 de setembro en Vilaboa e na madrugada do 3 de setembro no Burgo, nas rúas, números e horarios que a continuación se indican.

Programación da Biblioteca para o mes de setembro

O Concello de Culleredo inicia a próxima semana a programación infantil da súa Biblioteca cun intenso programa especial ata o comezo do curso escolar. Haberá actividades todos os días laborables ás 12 do mediodía na Biblioteca do Burgo con diferentes opcións para todos os gustos.

Concurso de Graffiti Culleredo 2019

Se tes de 14 a 30 anos e queres participar no Concurso de Graffiti Culleredo 2019, esta é a túa oportunidade!

Escolas municipais culturais e deportivas para o vindeiro curso 2019-2020

Consulta aquí a información relativa ás escolas municipais culturais e deportivas para o vindeiro curso 2019-2020 no Concello de Culleredo.

E si queres solicitar máis información, podes achegarte ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, na rúa Ramón Cabanillas, 14, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Espazos de Benestar do Concello de Culleredo 2019-2020

Os espazos e aulas de Benestar do Concello de Culleredo para o exercicio 2019-2020 xa están aquí.

Concurso de Fotografía

Ata o 1 de setembro, poderédevos inscribir no Concurso de Fotografía do Concello de Culleredo.

Torneos de verán 'Concello de Culleredo'

Un ano máis, chega agosto, e con el os Torneos de Verán 'Concello de Culleredo'. 

Campamentos Cullerchef 2019

O campamento de verán de cociña saudable e habilidades domésticas 'Cullerchef' terá lugar do 19 ao 23 de agosto no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos, e trátase dunha actividade completamente de balde.  As inscricións poderán realizarse do 8 ao 16 de agosto. Poderá facerse en liña, co envío do formulario a completar na seguinte ligazón: (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqa21LtS4mslplQIB9x4zWfMQZpp6gG2jvILfhixn7yVPozA/closedform) ou coa entrega do boletín de inscrición (adxunto nesta nova) cuberto no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

Está limitado a 24 prazas e terán preferencia os/as empadroados/as en Culleredo.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina