O Burgo acollerá en abril un curso de iniciación á apicultura

O Concello e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) organizan un curso de iniciación a apicultura. Terá lugar no Xardín Botánico do Burgo entre o 5 e o 13 de abril. O curso será de balde para todos os socios de AGA  e empadroados no Concello de Culleredo. A inscrición estará aberta ata o vindeiro martes 2.

O Concello de Culleredo inicia unha campaña de recollida de tapóns

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Culleredo inicia unha campaña de recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur, Azteco (planta de reciclaxe de Valencia) e outros concellos do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Os puntos de recollida estarán no Edificio de Servizos Múltiples, o centro Pablo Picasso e os centros sociais con servizo de cafetería.

O Concello completa a urbanización da rúa Mosteiro de Sobrado, en Acea de Ama

O Concello de Culleredo ultima as obras de urbanización e acondicionamento na rúa Mosteiro de Sobrado, situada no centro de Acea de Ama. A vía presentaba un estado deteriorado, agravado pola caída dun murete, polo que o Concello procedeu ao asfaltado da calzada e o arranxo dos diferentes danos que presentaban as beirarrúas.

O Concello de Culleredo, pioneiro en Galicia na posta en marcha dunha aplicación para móbiles

O Concello de Culleredo estrea aplicación municipal para móbiles. Trátase do primeiro Concello galego en apostar por o desenvolvemento desta iniciativa, que permitirá ao cidadán un acceso inmediato á información municipal, así como interactuar co goberno local. O alcalde, Julio Sacristán, presentou a aplicación xa dispoñible para Apple, e en desenvolvemento para Android.

Suspensión das actividades ao aire libre polo temporal

Ante o temporal que se prevé para a tarde de hoxe, xoves 21 de marzo, o Concello de Culleredo anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol de Rutis, O Burgo, Tarrío e As Brañas. Tampouco se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio.

Culleredo inaugura a mostra Playroomgirl III desenvolvida por alumnos do Blanco Amor

O Centro de Información da Muller de Culleredo desenvolveu os talleres Playroomgirl III Edición Galicia
no IES Eduardo Blanco Amor. O alumnado de 3º da ESO participou en obradoiros sobre estereotipos de xénero. Agora, o seu resultado, en forma dunha serie fotográfica, expoñerase no Xardín Botánico de Culleredo ata o 12 de abril.

Culleredo lanza 224 prazas de formación para desempregados

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O primeiro Mercadillo de Segunda Man do Concello congrega a ducias de persoas no Burgo

O Concello de Culleredo celebrou na mañá de hoxe domingo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores cun notable respaldo de público. Foron ducias de veciños do municipio e da comarca os que se achegaron ata a praza de Europa do Burgo para visitar e mercar nos postos que se colocaron ao longo do espazo da praza.

Culleredo executa un plan de mellora da rede de saneamento

O Concello de Culleredo executa obras de mellora no sistema de tratamento das augas residuais do municipio para continuar co seu traballo de caraao saneamento integral do municipio. Son actuacións emprendidas pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, concesionado o ano pasado, cun orzamento que rolda os 360.000 euros, todo achegado pola propia empresa concesionaria.

Os pequenos gozaron do V Concerto Didáctico de Primavera ofrecido polos maiores de Culleredo

A Coral e o Grupo instrumental municipal de Culleredo actuaron no Salón de actos do Conservatorio, para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria dos colexios Díaz Pardo, Ría do Burgo, Sofía Casanova e Tarrío na V edición do Concerto Didáctico de Primavera. Interpretaron diversas pezas tradicionais galegas e mesmo invitaron aos nenos a colaborar con eles.

O Mercadillo de Segunda Man que o Concello estrea o domingo terá 70 postos

O Concello de Culleredo celebra o vindeiro domingo 17 de marzo o seu primeiro Mercadillo de Segunda Man e Labores con 70 postos. O Mercadillo terá lugar na praza de Europa do Burgo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Será unha oportunidade para vender obxectos usados ou feitos manualmente, a nivel afeccionado, non profesional.

Culleredo xa recibiu a 4.000 persoas na exposición pública do PXOM en Vila Melania

O Concello de Culleredo finalizou as reunións veciñais convocadas para presentar o Plan Xeral de Ordenación Municipal en todas as parroquias. Estímase que uns 2.000 veciños asistiron aos encontros mentres que a exposición pública, que ten lugar na Casa dúas Caseiros de Vila Melania, recibiu a 4.000 persoas. Esta exposición ao público seguirá ata o 15 de abril, período no que os particulares interesados poden realizar as alegacións e suxestións que estimen oportunas.

Vilaboa acolle o sábado a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna

A asociacióm ALMA, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza o vindeiro sábado 16 a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna. Terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), da man de Natalia Pérez, matrona e Consultora de Lactancia Certificada.
 

O Concello desenvolve en marzo un Ciclo de Teatro Afeccionado

O Concello de Culleredo empezou o sábado 9 o seu ciclo de teatro afeccionado. Organizado pola compañía Carfax de Culleredo e a Concellaría de Cultura, a cita reunirá os sábados que restan do mes de marzo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o traballo de varias compañías de teatro afeccionado. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a calidade das representacións que se ofrecerán neste ciclo.
 

Culleredo propón á Deputación unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recibiu ao presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para asinar o convenio entre as dúas institucións para o financiamento da vivenda tutelada de Culleredo. No acto, os dous mandatarios repasaron os diferentes ámbitos de colaboración que manteñen as dúas entidades e o alcalde avanzou o interese do Concello en acordar unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en fase de exposición ao público.
 

O Concello realizou un videoforum de seguridade viaria cos 117 alumnos de 4º da ESO

A Concellaría de Educación de Culleredo puxo en marcha unha nova edición da actividade de educación viaria denominada  “Videoforum de seguridade viaria". Participaron na mesma 117 alumnos e alumnasde 4º da ESO do IES Blanco Amor. Coa actividade, realizada nas aulas hoxe 6 de marzo, o Concello fomenta a concienciación para adoitar boas actitudes nas rúas dos mozos cullerdenses.

Culleredo celebra o venres 8 a Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade

A tradicional Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade que, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, se celebra deede hai 18 anos, terá lugar o día 8 ás 21.30 horas no Pazo de Vilaboa. Son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan os cartos, como data límite o mércores 6.

Culleredo logra un superávit de 3 millóns de euros na liquidación de 2012

A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros. O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit.

El Ruiseñor estrea "Agamenon" no auditorio do Conservatorio

A Compañía de Teatro "El Ruiseñor", de Culleredo, estrea a obra "Agamenon", de Esquilo, unha adaptación de Susana Crespo. As datas das estreas son o sábado 2 de marzo ás 20:30 horas e o domingo 3 ás 19:00 horas, no auditorio do Conservatorio. As entradas, a un prezo de 5 euros, poden adquirirse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo en horario de 15.00 a 21.00 horas.
 

Culleredo celebrou o pleno xuvenil con 123 alumnos de 4º de ESO

O Concello de Culleredo celebrou hoxe o seu Pleno Xuvenil, conformado por 123 alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor. Tratouse da segunda edición da actividade, nacida o ano pasado, e concebida para dar a coñecer o sistema democrático da administración municipal aos mozos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina