Co fin de elaborar tarefas de mantemento na rede eléctrica, a empresa UFD Distrubición comunicoulle ao Concello de Culleredo que se efectuará un corte no subministro de 3:00 a 7:00 horas o vindeiro 17 de decembro.
Desculpen as molestias.
O sorteo de prazas para a Campaña de Inverno celebrarase o vindeiro 17 de decembro, ás 9:30 horas, na sala de vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
A Aula de Natureza do Xardín Botánico acollerá do 13 ao 22 de decembro o XLIV Concurso-Exposición Ornitolóxico, impulsado pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura.
O venres 20 de decembro terá lugar a Festa de Nadal +65 no Centro Cívico Virxinia Blanco, de Fonteculler.
Hoxe comeza o prazo de inscrición nos obradoiros de Nadal, que se celebrarán os días 26 e 27 de decembro en Vila Melania e Fonteculler.
A Dragona Ramona voltará a Culleredo co espectáculo 'Non te vaias', o vindeiro 20 de decembro ás 18:30 horas na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa.
Hoxe ás 17:00 horas desenvolveuse unha xornada de conmemoración do Día Internacional do Voluntariado, promovida desde a Concellería de Política Social, Mocidade e Promoción do Deporte do Concello de Culleredo.
O acto consistiu nunha mesa de #experiencias, co título 'A acción voluntaria na contorna de Culleredo: a OMVOL e outras entidades de voluntariado'.
O Concello de Culleredo publica as bases para para inscribirse como figurante infantil na cabalgata de Reis 2020.
A empresa que presta o servizo de subministración eléctrica en Culleredo vén de comunicarlle ao Concello que, con motivo de intervencións de mantemento e mellora da rede, procederán a cortar a mesma nas seguintes localizacións, de 00:00 a 3:00 horas.
O venres 13 de decembro, ás 18:30 horas, a Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa acollerá o obradoiro de 'Decoración de Nadal'.
Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro, desenvolveranse no CEIP Vila de Rutis as 'Mañás de Nadal', coa actividade 'S.O.S Salvemos a Terra'.
Debido aos avisos da veciñanza de Culleredo por episodios de turbidez na auga, destacamos que se está a realizar unha intervención de entroncamento no depósito de Alvedro.
Agardamos que estes episodios sexan puntuais, e xa se lle ten comunicado a EMALCSA esta situación.
Desculpen as molestias.
ASOTRAME organiza o domingo 1 de decembro '¡Bailando por la vida!', unha actividade benéfica contra o cancro hematolóxico.
Presentamos o Outono Máxico de Culleredo 2019, o programa municipal de dinamización de centros cívicos e culturais do medio rural.
A Empresa Municipal de Augas da Coruña vén de comunicarlle ao Concello de Culleredo que realizará este martes, 19 de novembro, unha importante obra de cara á construción dun novo depósito en Alvedro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER