O Grupo Naturgy vén de informar ao Concello de Culleredo dunha serie de cortes programados na subministración eléctrica de varios puntos do municipio. Será na madrugada do 2 de setembro en Vilaboa e na madrugada do 3 de setembro no Burgo, nas rúas, números e horarios que a continuación se indican.
Se tes de 14 a 30 anos e queres participar no Concurso de Graffiti Culleredo 2019, esta é a túa oportunidade!
Consulta aquí a información relativa ás escolas municipais culturais e deportivas para o vindeiro curso 2019-2020 no Concello de Culleredo.
E si queres solicitar máis información, podes achegarte ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, na rúa Ramón Cabanillas, 14, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O campamento de verán de cociña saudable e habilidades domésticas 'Cullerchef' terá lugar do 19 ao 23 de agosto no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Está dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos, e trátase dunha actividade completamente de balde. As inscricións poderán realizarse do 8 ao 16 de agosto. Poderá facerse en liña, co envío do formulario a completar na seguinte ligazón: (https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqa21LtS4mslplQIB9x4zWfMQZpp6gG2jvILfhixn7yVPozA/closedform) ou coa entrega do boletín de inscrición (adxunto nesta nova) cuberto no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Está limitado a 24 prazas e terán preferencia os/as empadroados/as en Culleredo.
O mércores 24 de xullo, ás 11:30 horas, a Biblioteca do Burgo acollerá a actividade de contacontos 'A pequena fábrica de corazóns de papel reciclado', a cargo de Carballo con Botas.
O xoves 18 de xullo, ás 19:30 horas, a Sala de Actos do Pazo de Vila Melania acollerá a presentación do libro 'Fundido a negro', da autora Teresa Ramiro.
Vilaboa vivirá desde o venres 12 de xullo, e ata o martes 16 do mesmo mes, unha ampla programación das festas patroais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
O mércores 17 de xullo ás 11:30 horas terá lugar o obradoiro de creatividade para fomentar o espíritu científico.
O sábado día 13 de xullo e o domingo 14 de xullo haberá inchables de auga en Vila Melania e outros xogos tradicionais.
O Concello de Culleredo promove para esta verán, actividades saudables para todos os públicos a través do programa 'Verán Movidiño'.
Despois do éxito da tempada pasada, a UDJ Almeiras repite e organiza no campo de fútbol dos Loureiros, xunto ao polideportivo e ao parque público, un campus de verán para nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2015.
Será unha semana de actividades donde o club quere amosar a súa filosofía no fútbol base, unha idea basada nunha metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe de calidade para os nenos e nenas.
Dentro das actividades que se realizarán, terán lugar as de primeiros auxilios, xogos tradicionais, xogos de auga, deportes de raqueta e, ademais do fútbol, os rapaces e rapazas poderán practicar baloncesto, balonmán ou bádminton.
Os prezos oscilan entre os 30 euros para os socios, e os 40 euros para as persoas que non o sexan, cun desconto do 20% a partir do segundo fillo. Está incluída unha equipación deportiva e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Adxuntamos o arquivo .pdf con toda a documentación.
O día 8 de xullo comeza o obradoiro 'Quero ser youtuber'. Terá lugar os luns, os mércores e os venres, en horario de 11:00 a 13:00 horas no centro cívico Virginia Blanco, de Fonteculler.
Queres anotarte? Adxuntamos o arquivo do formulario nesta nova. Descárgao e entrégao por mail á dirección cipax@culleredo.es, mandar un whatsapp cos teus datos ao número 620 008 450 ou achegarte ao Edificio Municipal Pablo Picasso, en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Esta actividade prolongarase ata o 19 de xullo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER