Actualidad

As bibliotecas de Culleredo comezarán a retomar a actividade a partir da vindeira semana

O Concello de Culleredo comezará a iniciar a actividade nas súas bibliotecas municipais a partir da semana que vén, co dia concreto no que se producirá a reapertura aínda por especificar. 

 

Sorpresa Cullerchef

A gañadora do sorteo do reto Cullerchef é Elena Teijo. Leva un lote de regalos do Cullerchef (mandil, tote, culler de pau e ensaladeira).

 

 

Permitida a atención a hortos familiares, autoconsumo ou municipais

Desde a Fase 0, é dicir, a partir do 4 de maio, permítese atender os hortos familiares, de autoconsumo ou municipais, sempre que estean no mesmo termo municipal que o domicilio e se adopten as debidas precaucións hixiénicas e de distanciamiento social.

 

Lista de establecementos comerciais abertos no estado de alarma

O Concello de Culleredo publica a lista de establecementos comerciais abertos no municipio durante o estado de alarma. A iniciativa serve para iniciar a campaña Nós quedamos contigo que realiza o goberno local para respaldar a autónomos e pemes do concello.

RECOMPILACIÓN DAS ACTIVIDADES DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Viches todas as actividades que preparamos na Concellaría de Cultura, nas bibliotecas municipais e no Servizo de Normalización Lingüística para ti e para toda a túa familia durante o confinamento?

 

CÁPSULA DO TEMPO

Desde o Concello de Culleredo propoñémosvos unha iniciativa para que esta etapa das nosas vidas quede na vosa memoria por e para sempre, pero tamén a modo de lembranza física.

CÓMIC DO CONCELLO DE CULLEREDO SOBRE AS RECOMENDACIÓNS DAS SAÍDAS DOS MENORES DE 14 ANOS A PARTIR DESTE 26 DE ABRIL

O Concello de Culleredo pon á vosa disposición -sobre todo dos máis pequenos- un cómic para que sigan as indicacións sobre as novas saídas dunha maneira lúdica. 

Lembrade seguir as recomendacións en todo momento! 

Propostas de lecer Concello de Culleredo

Desde o Concello de Culleredo plantexámosvos esta serie de propostas de lecer para levar mellor este confinamento.

Derradeiro reto Cullerchef do mes de abril

Desde o Concello de Culleredo convidámosvos a participar no derradeiro reto Cullerchef do mes de abril. 

Propostas culturais para o confinamento: número 4

O Concello de Culleredo achega unha nova serie de propostas de lecer para quedar na casa. Nesta ocasión, as ideas abranguen os ámbitos das redes, pintura, cinema, debuxo e teatro.

NOVO RETO CULLERCHEF

Chega unha vez máis e para todas e todos vós, un novo reto Cullerchef! 

Propostas culturais para o confinamento: número 3

O Concello de Culleredo publica unha nova achega de propostas culturais para o confinamento. Nesta ocasión recompilamos actividades de cinema, internet, contos, cómic e música.

Obras de urxencia na liña de alta tensión entre Acea de Ama e Vilaboa

O Concello de Culleredo informa de que Unión Fenosa comezou unhas obras con carácter de urxencia no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa. Os traballos responden á avaría producida nesa liña, que conecta as subestacións de Sabón e San Marcos.

Segundo reto Cullerchef

Xa chega o segundo reto Cullerchef! Para participar nel só tes que ter menos de 12 anos e moitas ganas de pasalo ben! 

Suspensión do feirón do 12 de abril

O Concello de Culleredo informa de que o feirón do12 de abril  non se vai a poder realizar polas medidas extraordinarias que se están implantando polo COVID-19.
 
Suspéndese seguindo as instruccións da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, pola que se prohibe a realización de mercados tradicionais con venda directa de productos agrícolas e gandeiros, mentres dure o estado de alarma.

Segunda tanda de propostas de lecer para o confinamento

Cinco novas propostas culturais que diferentes creadoras, autoras e museos nos ofrecen, de balde, para facer a semana máis amena. Podes enviarnos as túas propostas ao correo cultura@culleredo.es e así compartilas con todas. 

RETO CULLERCHEF

Tes menos de 12 anos?

Gústache xogar, cociñar, debuxar e imaxinar mil historias?

Pois o reto Cullerchef é para ti!

Propostas de lecer durante o confinamento do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo propón unha serie de accións culturais durante o tempo que dure o estado de alarma.

Novo Bando de Alcaldía sobre medidas contra a propagación do COVID-19

O Concello de Culleredo publica un novo Bando da Alcaldía sobre as medidas a adoitar para loitar contra a propagación do coronavirus.

CULLEREDO CONTINÚA COAS TAREFAS DE DESINFECCIÓN DOS PRINCIPAIS ESPAZOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO

O Concello de Culleredo continúa coas tarefas de desinfección dos principais espazos de tránsito do municipio, e así será durante o estado de alarma.
 
 
 
 
 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina