Actualidad

O Festival BurgoJazz reúne no botánico a grupos de renome nacional e emerxentes locais

O festival BurgoJazz celébrase desde o venres 4 ao luns 7 de xullo chegando a súa XIV edición. A cita combina a promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero con grupos de renome nacional. 

En marcha os novos horarios de bus metropolitano e municipal de Culleredo

O día 30 de xuño puxéronse en funcionamento de forma definitiva as novas liñas de bus, tanto o metropolitano como o de interese municipal, tras as negociacións efectuadas polo Concello de Culleredo coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

Protección Civil incorpora a 11 voluntarios ao servizo

Protección Civil crece en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano. Acaban de superar o curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade ao Concello.

O Concello clasurou a tempada de actividades sociais con 400 participantes

O Concello de Culleredo celebrou a clausura da tempada das actividades sociais municipais. Un total de 400 veciños participaron nas iniciativas, que abarcaron unha ampla variedade para adaptarse a todos os centros de interese.

Clausura do curso das actividades culturais municipais

O salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo estaba abarrotado na clausura do curso nas actividades culturais municipais. Os nenos e adultos participantes foron os protagonistas nun aforamento que superaba as 500 persoas.

Máis de 300 nenos participan esta fin de semana no torneo de fútbol 8 "Ponte Pasaxe"

Culleredo convértese este fin de semana no centro do futbol infantil da comarca. O XV Torneo Internacional de Fútbol 8 "Ponte Pasaxe" trae ao campo de fútbol do Burgo, desde o venres 27 e ata o domingo 29, a máis de 300 pequenos de 10 clubs de concellos como Culleredo, A Coruña, ou Cambre e  de Portugal.

Culleredo promoverá en verán a interrelación entre mozos e persoas con discapacidade na Escada

O goberno de Culleredo abre A Escada aos veciños alleos ao centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual situado no Burgo. O Concello propón este verán un conxunto de talleres que interrelacionarán a mozos con persoas con discapacidade intelectual.

Dous veciños de Ledoño gañan o XVI Campionato de Tute de Culleredo

Das 600 persoas que tomaron partida, desde o inicio do curso, no Campionato de Tute do Concello, a parella de Ledoño, Zacarías e Carlos, venceu este fin de semana a final e alzouse co título. O alcalde entregoulles o trofeo.

O Concello recoñece os éxitos e traballo do Club Baloncesto Culleredo

Máis dun centenar de nenos e novos, acompañados dos seus proxenitores, desprazáronse ata o Concello para recibir o recoñecemento do alcalde, Julio Sacristán, á tempada do Club Baloncesto Culleredo.

O II Torneo de Fútbol Base do Burgo recibe a 534 nenos de 5 categorías

O Sporting Burgo, coa colaboración do Concello de Culleredo, celebra esta fin de semana a segunda edición do Torneo de Fútbol Base. Ten lugar desde hoxe venres 20 ata o domingo 22 no campo de fútbol do Burgo.

Aberta a inscrición no campamento e nos cursos de natación para verán

Os nenos cullerdenses suman unha nova alternativa saudable para o tempo libre do verán: a natación. O Concello e o Club Natación Culleredo lanzan un campamento deportivo e cursos intensivos para nenos, de 3 a 12 anos de idade. A inscrición está aberta.

Os participantes nas actividades municipais exhiben as súas creacións no Burgo

O Concello estrea exposición no botánico do Burgo, na que son os propios veciños os protagonistas, exhibindo as creacións que realizaron durante todo o curso nas actividades municipais de cultura. Manualidades, pinturas en óleo, debuxos ou confeccións son algúns dos elementos expostos.
 

O Concello celebra o venres a reunión informativa dos campamentos de verán

O Concello de Culleredo, ante o inminente comezo das XV Mañás de Campamento, organiza unha reunión informativa cos pais ou titores dos participantes. Terá lugar o venres 20 de xuño, ás 19.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

O goberno local pide á Xunta máxima celeridade para evitar novos retrasos no centro de saúde

Despois de anos de espera e tras intensificar as peticións, o Concello de Culleredo recibiu a confirmación verbal, por parte da Consellería de Sanidade, de que o Consello da Xunta aprobaba a licitación do demandado novo centro de saúde para o municipio. O goberno municipal espera que xa non se produzan novos atrasos dada a prioridade da infraestrutura para os veciños.

O Concello ofrece zumba gratuíta no verán para os mozos

O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.

O IES Universidade Laboral leva a cabo un proxecto europeo sobre enerxía eólica

Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos.

Campus de verán de baloncesto e de fútbol en Culleredo

O Club Baloncesto Culleredo e o Sporting Burgo organizan sendos campus de verán, cos que colabora o Concello de Culleredo. As inicitivas permiten unha alternativa saudable para o verán dos nenos.

O clube de chave de Vigovidín venceu no XXXIII Torneo de Chave

O Concello de Culleredo reuniu o pasado sábado a un cento de participantes no Torneo de Chave que alcanzou a súa XXXIII edición. O club de chave Aldea, de Vigovidín, núcleo da parroquia de Almeiras, resultou o vencedor da proba.

Culleredo recibe a Jesús López Cobos en Batutas e Bastóns

O Conservatorio Municipal de Culleredo celebra o mércores 11 de xuño a segunda edición do encontro Batutas e Bastóns, coordinado e presentado polo profesor Marcos Seoane. Nesta ocasión, o encontro recibe a unha eminencia da música: Jesús López Cobos, director de orquestra que mesmo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

O Concello pide á Xunta que aumente as horas de atención aos dependentes

O Concello de Culleredo solicita á Xunta máis ahoras atención ás persoas con dependencia e dar novas altas, un programa que entende debe ser "prioritario". O Concello está a investir da orde de 328.000 euros, cifra moi superior aos 145.000 euros que destina a Xunta.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina