O Concello de Culleredo potenciará a práctica de patinaxe artística entre os veciños. O venres finalizou a primeira edición do campus de patinaxe, organizada polo recentemente creado Club Aura e o Concello.
Os campamentos urbanos de verán do Concello de Culleredo alcanzaron o seu punto final tras máis de dous meses de actividades en diferentes quendas cunha participación de 300 pequenos. Unha festa con inchables e aperitivos no colexio Sofía Casanova de Vilaboa serviu para celebrar a súa conclusión.
O Concello de Culleredo acorda coa empresa adxudicataria das obras de ampliación da pista do aeroporto de Alvedro unha serie de medidas para respectar ao máximo as festas veciñais da parroquia, que terán lugar entre o sábado 31 e o luns 2 próximos.
O goberno de Culleredo incluíu ás Bibliotecas Municipais entre as opcións de actividades de verán de que dispuxeron os veciños. A sala infantil da Biblioteca do Burgo levou a cabo un programa de talleres que rematou onte.
O Concello de Culleredo celebra este xoves 29 o pleno ordinario no que o principal asunto versará sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado de forma inicial en xaneiro. Tras rematar a exposición pública, o equipo redactor detectou diferentes erros que considera preciso corrixir canto antes.
O Concello de Culleredo acometeu a remodelación da rúa Xafontes, de Vilaboa. O plan de melloras na rede viaria confeccionado polo goberno municipal incluíu esta rúa dada a necesidade de renovar a calzada, deteriorada co paso do tempo.
O goberno de Culleredo iniciará esta semana, unha vez ultimado o contrato coa empresa adxudicataria, os traballos da mellora das rúas peonís do Burgo, Sanjurjo de Carricarte e Hersa. Os traballos consistirán en retirar as laxas en mal estado para substituílas por outras: serán uns 120 metros cadrados. O investimento neste apartado ascende a 25.000 euros.
Mellorar as vías municipais e limpar as fincas próximas a vivendas que se atopan en mal estado e cuxos propietarios non atenderon os requirimentos realizados desde o Concello son as dúas actuacións que forman parte dos traballos que está a levar a cabo o goberno local dentro da campaña anual de rozas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER