A asociacióm ALMA, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza o vindeiro sábado 16 a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna. Terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), da man de Natalia Pérez, matrona e Consultora de Lactancia Certificada.
O Concello de Culleredo empezou o sábado 9 o seu ciclo de teatro afeccionado. Organizado pola compañía Carfax de Culleredo e a Concellaría de Cultura, a cita reunirá os sábados que restan do mes de marzo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o traballo de varias compañías de teatro afeccionado. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca a calidade das representacións que se ofrecerán neste ciclo.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recibiu ao presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para asinar o convenio entre as dúas institucións para o financiamento da vivenda tutelada de Culleredo. No acto, os dous mandatarios repasaron os diferentes ámbitos de colaboración que manteñen as dúas entidades e o alcalde avanzou o interese do Concello en acordar unha permuta de estradas antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en fase de exposición ao público.
A Concellaría de Educación de Culleredo puxo en marcha unha nova edición da actividade de educación viaria denominada “Videoforum de seguridade viaria". Participaron na mesma 117 alumnos e alumnasde 4º da ESO do IES Blanco Amor. Coa actividade, realizada nas aulas hoxe 6 de marzo, o Concello fomenta a concienciación para adoitar boas actitudes nas rúas dos mozos cullerdenses.
Ademáis da exposición pública permanente en Vilaboa durante estes dous meses, o Concello celebrará reunións en todas as parroquias para explicar o Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal. O luns día 11 de marzo ás 20:00 será en Vilaboa, en Vila Melania.
A tradicional Cea de Mulleres Cullerdenses pola Igualdade que, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, se celebra deede hai 18 anos, terá lugar o día 8 ás 21.30 horas no Pazo de Vilaboa. Son as propias asociacións as que fan as inscricións e recadan os cartos, como data límite o mércores 6.
A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros. O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER