Culleredo soa en 44:05

Data : 
01/03/2018 - 19:00
Culleredo soa en 44:05.
 
Concerto de violín a cargo de Paloma Rosato. Entrada libre.

Información sobre o proceso de matrícula no novo CEIP

O Concello de Culleredo informa de que a Consellería de Educación designou o CEIP Sofía Casanova, en Vilaboa, como punto de recepción para as solicitudes de praza para o novo CEIP, que se constrúe na avenida de Rutis e que abrirá as súas portas para o curso 2018 -2019. O Concello transmite esta información de cara a facilitar ao máximo aos veciños o acceso á nova instalación educativa.

Obradoiro participativo de infraestutura verde

Data : 
01/03/2018 - 19:00
Este xoves, 1 de marzo, a partir das 19 horas desenvolverase na Casa do Concello de Culleredo un dos obradoiros de participación da Infraestrutura Verde da área da Coruña que está a levar a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, a Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.  
 
O que se pretende con estas sesións participativas é recoller as ideas, opinións e propostas da poboación para mellorar e conservar o medioambiente e as áreas naturais de cada municipio, logrando unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental.

Obradoiro participativo de infraestutura verde

Este xoves, 1 de marzo, a partir das 19 horas desenvolverase na Casa do Concello de Culleredo un dos obradoiros de participación da Infraestrutura Verde da área da Coruña que está a levar a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, a Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega e o Instituto Tecnolóxico de Galicia.  

Unidade móbil de doazón de sangue en Fonteculler

Data : 
28/02/2018 - 15:30
O próximo mércores, 28 de febreiro, haberá unha unidade móbil de doazón de sangue en Fonteculler, ó carón do Quiosco.
 
Horario:
 
?? De 15:30 a 21 horas.
 
#Súmatedoasangue

Obradoiro de contos: De que cor é un bico?

Data : 
23/02/2018 - 18:30
VENRES 23 DE FEBREIRO
 
Biblioteca González Garcés do Burgo. 18.30 h:
 
Obradoiro de contos: De que cor é un bico?
 
De 5 a 8 anos. Previa inscrición (na mesma semana).

Tertulia de Arte: O xardín como metáfora visual

Data : 
22/02/2018 - 19:30
XOVES 22 DE FEBREIRO
 
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 h:
 
Tertulia de Arte: O xardín como metáfora visual, con Luisa Valdés. Entrada libre.

Bandas sonoras no cinema de animación

Data : 
22/02/2018 - 19:00
XOVES 22 DE FEBREIRO
 
Conservatorio de Música de Culleredo. 19.00 h:
 
“Bandas sonoras no cinema de animación”.
 
Organizado pola ANPA do Conservatorio. Entrada libre

Obradoiro de cociña

Data : 
22/02/2018 - 17:00
XOVES 22 DE FEBREIRO
 
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
17.00 h e 18.30 h: Obradoiro de cociña.
 
De 7 a 11 anos. Previa inscrición (na mesma semana).

Proxección do documental 'A palabra xusta'

Data : 
21/02/2018 - 20:00
O mércores 21 de febreiro, ás 20 horas, no Edificio de Servizos Múltiples proxectarase o documental 'A Palabra Xusta', para conmemorar o Día Internacional das Linguas Maternas.
 
A película aborda o tema da educación a través da obra de Antía Cal, Tita, que creou unha escola diferente en Vigo nos anos 60.
 
A entrada é libre ata completar aforo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina