Presentación ADACECO

Data : 
21/02/2018 - 18:00
O Pazo de Vila Melania acollerá a xornada de presentación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de A Coruña (ADACECO).
 
A asociación naceu no ano 2000 como elemento aglutinador en torno a interesados e familiares de persoas afectadas por dano cerebral adquirido. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida das persoas que padecen as secuelas. dun DCA ou Dano Cerebral Adquirido. 

Disfraces, diversión, música e gastronomía no Entroido de Culleredo

Nestas datas do Entroido as rúas, as parroquias e os diferentes centros sociais do Concello de Culleredo énchese de xente disfrazada con ganas de pasalo ben. Tanto maiores como pequenos gozan nestes días dunha variada oferta de actividades relacionadas co Entroido.

 

 
 

Festa de Entroido en Almeiras

Data : 
17/02/2018 - 18:30
Este sábado, 17 de febreiro, celebrarase a festa de entroido no Centro Cultural de Almeiras.
 
Comezará ás 18:30 horas e haberá obradoiros, música e sorteos! 

Inauguración da exposición de fotografía e poesía Territorio acoutado

Data : 
16/02/2018 - 20:00
Na aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo, ás 20 horas, inauguración da exposición de fotografía e poesía Territorio acoutado, de Carlos Lorenzo e Olga Patiño. Ata o 3 de marzo.

Contacontos coa Dragona Ramona: A máscara do león.

Data : 
16/02/2018 - 18:30
Na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa, ás 18.30 h., contacontos coa Dragona Ramona: A máscara do león.
 
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Culleredo soa en 44.05: actuación de “Artemis Ensemble”

Data : 
15/02/2018 - 19:00
No Conservatorio de Música de Culleredo, ás 19 horas: Culleredo soa en 44.05: actuación de “Artemis Ensemble” (con músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia), nun programa con obras de Beethoven e Nielsen. Entrada libre.

Festa de Entroido en Ledoño

Data : 
12/02/2018 - 18:00
No Centro Social Ledoñés celebrarán a súa festa de Entroido o luns, 12 de febreiro. 
 
O evento comezará ás 18 horas e os máis pequenos poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe e haberá animación infantil.

Festa infantil do Entroido en Celas

Data : 
13/02/2018 - 18:00
A ARC O Cruceiro organiza o vindeiro martes, 13 de febreiro, unha divertida festa infantil de entroido.
 
Haberá un taller de animación e maquillaxe, disfraces, merenda...

Festa de Entroido en Orro

Data : 
10/02/2018 - 18:00
Este sábado, 10 de febreiro, hai unha festa de #entroido en Orro.
 
A partir das seis da tarde, no Centro Cívico, os máis pequenos poderán participar no #concurso de disfraces, gozar dunha variada merenda e, sobre todo, pasalo moi ben.
 
Tamén haberá música para bailar ata que o corpo aguante.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina