Concerto didáctico de clarinete

Data : 
24/03/2017 - 19:00
Concerto didáctico de clarinete, con alumnos/as do profesor Antonio Suárez.
 
Conservatorio de Música de Culleredo.
 
Entrada libre ata completar aforo.

Concerto didáctico de guitarra

Data : 
23/03/2017 - 20:00
Concerto didáctico de guitarra, a cargo de alumnos/as do profesor Victor Illán.
 
Conservatorio de Música de Culleredo.
 
Entrada libre ata completar aforo.

Os maiores de Culleredo visitaron o castelo de Pambre

Os maiores de Culleredo visitaron onte o castelo de Pambre e o museo da Terra de Melide nunha actividade enmarcada no programa de dinamización comunitaria que desenvolve o Concello.

O proxecto educativo Illa Fantasía chega a Culleredo

O proxecto de animación á lectoescritura "Illa Fantasía: A escola de Unicornio" triunfa en Culleredo. O Concello leva o programa ao Centro Rural Agrupado (CRA) e ao CEIP Sofía Casanova, logrando a implicación dos profesores, fundamental para o seu desenvolvemento.

A Aula de Natureza do Burgo acollerá un obradoiro gratuíto de bonsáis

A asociación cultural Bonsái Coruña e o Concello de Culleredo organizan este mes unha nova edición dos talleres de coidado de bonsáis. Celebraranse na aula de Natureza do Burgo os domingos 26 de marzo e 2 de abril. O horario das sesións comprenderá entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Contos en inglés

Data : 
17/03/2017 - 18:00
Contos en inglés: Brave Bitsy and the bear.
 
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa.
 
A partir de 4 anos. Entrada libre.

Biblioxogos

Data : 
17/03/2017 - 18:00
Biblioteca González Garcés do Burgo.
 
A partir de 9 anos. Previa inscrición (na mesma semana).

Culleredo e Cambre completaron a renovación da iluminación da ponte do Burgo

Os Concellos de Cambre e Culleredo acaban de completar o seu proxecto conxunto da mellora da iluminación na ponte antiga do Burgo, que une os dous municipios. Os traballos consistiron na renovación das luminarias e mellora do sistema, que levaba tempo con deficiencias.

Xornada aberta de xogos populares, o venres 10 en Fonteculler

O Concello de Culleredo ten en marcha un obradoiro de empregosobre dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil. Dentro da súa parte práctica, os 15 alumnos organizan mañá, venres 10 de marzo, unha xornada de xogos populares, aberta a nenos e novos. Será de 17.30 a 20.00 horas no centro cívico de Fonteculler.

Inauguración da exposición de pintura "Mariñas e paisaxes"

Data : 
10/03/2017 - 20:00
Inauguración da exposición de pintura Mariñas e paisaxes, de Félix Díaz Rodríguez.
 
Aula de Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico do Burgo.
 
Ata o 8 de abril.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina