Contacontos coa Dragona Ramona

 

O Burgo acolle o venres o Deportivo - Oporto de veteranos

presentaciónO polideportivo do Burgo será o esceario do Deportivo - Oporto da liga de veteranos de fútbol indoor. O Concello e o equipo piden o máximo apoio dos afeccionados para derrotar a un rivil complicado e case asegurarse o pase á seguinte fase.

O Burgo acolle a I Festa do Cocido

cocido1.jpg
presentaciónO recinto multiusos do Burgo acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas. A carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.

Culleredo emprende un plan de mellora do saneamento da ría ao demorar a Xunta a firma do convenio

O Concello de Culleredo pon en marcha actuacións de mellora no sistema de saneamiento do municipio ao carecer de noticias das intencións da Xunta co convenio de colaboración que anunciou en novembro. As obras son realizadas pola empresa concesionaria do servizo ao ter incluído o equipo de goberno esta cláusula no contrato.

Entroido Xove

 

ENTROIDO XOVE 2012
 

O venres 17 de febreiro, na Casa da Xuventude (O Burgo), realizarase un obradoiro de maquillaxe e creación de máscaras.

Terá lugar de 17:00 a 20:00 horas e está dirixido aos mozos entre os 14 e os 30 anos de idade.

 

Curso de coidado de bonsais

A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo organizan un curso de coidado de bonsáis que se celebrará na aula de Natureza do Burgo o próximo mes de marzo. O taller terá lugar os domingos 11 e 25 de marzo en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Veiga prepara o seu tradicional testamento para celebrar o Luns de Entroido

cartelO Entroido de Veiga terá lugar o vindeiro luns 20 a partir das 13.00 horas. Os veciños xa ultiman as coplas satíricas do chamado testamento. O Concello anima a asistir ao Entroido máis xenuino de Culleredo.

Entroido de Veiga

“Benvidos todos a Veiga, meus benqueridos herdeiros, nunca pensei que acudira tal manada de larpeiros”. Así se recibía aos centos de asistentes á celebración do Luns de Entroido de Veiga no ano 1991, a festa de Entroido máis tradicional e xenuína do Concello de Culleredo.

Servizo de prevención alleo

Presupuesto (IVA incluído) / Orzamento (IVE incluído): 
14.000
Plazo de presentación de ofertas / Prazo de presentación de ofertas: 
10/02/2012 - 17/02/2012

Aberta a rúa Moncho Reboiras no centro do Burgo, cun centenar de aparcamentos

rúa moncho reboirasA urbanización da rúa Moncho Reboiras descubre unha nova zona residencial e con espazos públicos, en pleno centro do Burgo. Isto propiciou a apertura de dúas rúas transversais que a unen con Visitación da Encina e con Fernando Pérez de Traba, mellorando a mobilidade para os residentes. O número de prazas de estacionamento rolda o centenar.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina