Contacontos na biblioteca do Burgo

 

A Biblioteca Miguel González Garcés, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, acolle o venres 18 de novembro, ás 18.30 horas, a representación do contacontos "A dragona Ramona".

Está dirixido a nenos a partires dos 3 anos de idade  e o acceso é libre.

V Festival da non violencia e pola igualdade

 

O V Festival da non violencia e pola igualdade celebrarese no Conservatorio Municipal ás 20.00 horas do vindeiro 25 de novembro.

Concentración contra a violencia de xénero

 
O propio 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, está programada a concentración de repulsa e lectura de manifesto contra esta violencia, no marco da campaña que desenvolve o Concello de Culleredo.
 

Culleredo emprende a campaña contra a violencia de xénero nos ámbitos social, educativo, cultural e deportivo

cartel campañaO Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.

O Concello asfalta as rúas do Monte Alfeirán

obrasA rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.

Culleredo sacará a concurso o mantemento do saneamento por 20 anos

O Concello de Culleredo concesionará o mantemento preventivo e correctivo da rede de saneamento e bombeos polos próximos 20 anos. O obxectivo consiste en reducis os atascos e avarías para así impedir verquidos á ría e á rede fluvial.

O Concello non esperará á revisión do Plan Director de Alvedro para aprobar o novo PXOM

O goberno local de Culleredo descarta condicionar a aprobación do novo Plan Xeral á revisión do Plan Director de Alvedro, en marcha por parte do Ministerio de Fomento. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, ten claro que o municipio non pode esperar máis a contar cun PXOM, que posteriormente se podería modificar se así o requiere o novo Plan Director.
 
O primeiro edil proporá a Fomente que adopte as solucións de menor incidencia nos veciños e prevé reunirse cos posibles afectados para darlles a máxima información.

O Conservatorio participa no 10º Certamen Nacional de Interpretación "Intercentros Melómano"

logo intercentrosO alumno de Clarinete Diego Camiños Blanco representará ao Conservatorio de Culleredo no concurso que se celebrará o mércores 16 de novembro na súa Fase Autonómica, na Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela. O acto comezará A partir das 16:30 hora.

Exposición colectiva "Pintando á natureza"

A Sala de Exposicións dos Muíños de Acea de Ama continúa coa súa programación de exposicións. A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo estrea mañá venres 11 de novembro, ás 20.30 horas, na Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago”, a exposición colectiva “Pintando á natureza” da Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA).

Acea de Ama recibe a exposición colectiva de ARGA

cartel expoA mostra colectiva "Pintando á natureza", da asociación de Artistas Plásticos de Galicia chega á sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama. A inauguración será o venres 11 ás 20.30 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina