Curso de técnica de cómic

cartelO Concello de Culleredo organiza un curso de técnica de cómic destinado a pequenos de entre 10 e 13 anos de idade. Terá lugar no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) a partires do vindeiro 3 de novembro.

Bibliotecas: programación infantil de novembro

cartelA biblioteca Miguel González Garcés do Burgo ofrece unha programación infantil en novembro que inclúe actividades coma contacontos, contos en inglés, ou concertos didácticos.

Bibliotecas: programación para adultos

programa adultosAs actividades literarias para adultos empezarán a semana do 7 de novembro na biblioteca de Vilaboa.

Culleredo denuncia a supresión de axudas da Xunta para o Plan de Desenvolvemento Xitano

Raquel JabaresA primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, denuncia que tras levar desde 1993 recibindo o Concello unha subvención por parte da Xunta de Galicia que apoie á execución do Plan de Desenvolvemento Xitano, o goberno local acaba de atoparse a “desagradable sorpresa” de que o actual executivo autonómico decidiu eliminar esta axuda, o que fai perigar a súa execución.

O Centro de Información á Muller de Culleredo abre unha nova páxina web

A dirección www.cimculleredo.org convértese no novo sitio de referencia para a muller cullerdense. Trátase do novo sitio web do CIM que proporciona multitude de recursos e atención ás veciñas do municipio.

O Concello planea modificacións no transporte metropolitano para mellorar o servizo

O Concello de Culleredo estuda coas compañías de transporte diferentes alternativas para mellorar o servizo no municipio. A idea consiste en estender o transporte até zonas que non o dispoñían, como as urbanizacións da Zapateira, así como incrementar as frecuencias de viaxes no rural.

Deceas de nenos desfrutan do concerto didáctico de Palitroke no Burgo

grupo palitrokeO concerto didáctico do Grupo Palitroke organizado polo Concello de Culleredo no Burgo xuntou a unhas 130 persoas. Os nenos desfrutaron das distintas dinámicas que ten implícito o espectáculo.

Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural cun encontro en Celas

 O Centro de Información ás Mulleres de Culleredo celebra o Día Internacional da Muller Rural co "I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional". Terá lugar o venres 21 de outubro na Reitoral de Celas.

Curso de cogumelos

 
A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, organiza  "O 17º Curso de Micoloxía" que terá lugar na Aula da Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico “Ría do Burgo” no Burgo entre o 2 e o 5 de novembro a partir das 20:00 horas.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina