A Asociación de Culleredo 'ALMA' trasladará as súas actividades á Sala Municipal Celia e Esperanza Brañas, no Burgo. As sesións de apoio á lactancia seguirán celebrándose os primeiros e terceiros venres de mes, en horario de 11:00 a 12:30 horas.
Dentro do XXIV Festival Internacional de Galicreques 2019 de Culleredo, o 18 de outubro terá lugar a representación da obra "Pazzz", por parte de La Mar de Marionetas.
Ata o 27 de outubro, Culleredo albergará a III Exposición de Pintura e Debuxo da mocidade do municipio.
O Concello de Culleredo fai saber que está a disposición das persoas interesadas a inscrición para o curso de manipulación de cargas con carreta elevadora, dentro do Plan Municipal de Formación Laboral 2019.
Culleredo recibiu esta mañá aos integrantes da iniciativa ‘El Camino de los valores’, unha iniciativa cuxo obxectivo base é a reinserción de persoas en risco de exclusión social.
O vindeiro domingo, día 13 de outubro, terá lugar en Culleredo a celebración conmemorativa polo Día Internacional da Muller Rural.
XXIX Encontros folclóricos Ancoradoira. O 19 de outubro terán lugar, no Parque Europa e no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, pasarrúas e actuacións da Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns, desde Tui, o Grupo Kadrou, da Coruña, e a Agrupación Folclórica Ancoradoira.
A avenida de Ribados, unha das principais vías do corazón do Burgo, experimentará unha notable transformación. O Concello de Culleredo acaba de sacar a contratación a actuación, que será unha das principais do ano cun orzamento de 392.923,71 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña.
O Auditorio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá o vindeiro venres, 11 de outubro, a obra "Cronopios", a cargo de Títeres Cachirulo, Tres Tigres e Chachakún.
O venres 25 de outubro, ás 18:30 horas, terá lugar na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa o "Obradoiro de Maquillaxe Terrorífica" do Concello de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER