O Concello de Culleredo lanza a programación infantil das Bibliotecas Municipais de xaneiro a xuño de 2014. O programa ofrece contacontos coa Dragona Ramona, obradoiros, contos en inglés e os novos "Biblioxogos".
Publicación das listaxes de agarda nas escolas infantís do Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar radicadas en Culleredo.
O Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo conformaron unha ampla campaña para a dinamización comercial do municipio. Desenvolverase ata o 5 de xaneiro nos núcleos con máis negocios do termo.
O Concello de Culleredo ofrece unha ampla programación cultural para as festas do Nadal. Obradoiros, representacións teatrais, xogos, concertos e galas conforman un programa gratuíto no que a Concellaría de Cultura anima ademais a aportar alimentos non percedoiros na entrada.
O Concello oferta as prazas baleiras existentes nas actividades de Benestar Soical. O prazo para inscribirse prolóngase entre o 16 e o 26 de decembro.
A Concellería de Cultura de Culleredo desenvolverá no vindeiro Nadal unha edición máis dos campamentos urbanos de Nadal. Estñán dirixidos a nenos e nenas, de 3 a 12 anos de idade, entre o 23 de decembro e o 8 de xaneiro. A preinscrición levarase a cabo entre o 25 e o 29 de novembro.
O Concello lanza a inscrición á Escola de Nais e Pais con grupos no catro CEIP e no IES Branco Amor. Os horarios da Escola son á primeira hora da tarde, tras o termo das clases, unha hora e media con periodicidade quincenal. Haberá servizo de atención aos nenos dos participantes.
O Concello de Culleredo abre o período de inscrición nos grupos de actividades que aínda dispoñen de prazas vacantes, tras a conclusión do proceso inicial de matrícula e o inicio das actividades. En total, son 10 as modalidades que contan con prazas nalgún dos grupos creados.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 20 e 23 de decembro de 2013, nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania.
O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou revogar parcialmente o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana nos aspectos concretos indicados no informe do equipo redactor do 13 de agosto de 2013. A dita revogación deixa sen efecto os documentos que resultan substituídos polos rectificados aprobados inicialmente na devandita sesión do 29 de agosto de 2013 e que se relacionan neste anuncio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER