Anuncios de Actividade Municipal

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2015

Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Programación infantil da Biblioteca para marzo

Obradoiros de contos, contacontos ou biblioxogos conforman a programación da biblioteca municipal para o ms de marzo. As actividades teñen lugar en Villa Melania (Vilaboa).

Obradoiro de bonsais na Aula de Natureza do Burgo

A asociación cultural Bonsai Coruña e o Concello de Culleredo abren o prazo de inscrición para o curso de coidado de bonsáis que se celebrará na aula de Natureza do Burgo o próximo mes de marzo.

Actividades do Entroido 2015 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo presenta un novo programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. A celebración do Entroido de Culleredo terá unha tripla vertente: para nenos, para maiores e a tradicional Romaría de San Blas en Veiga, coa esperada lectura do testamento.

Sorteo de prazas para a campaña de esquí

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo público para a adxudicación das prazas da campaña de esquí,organizada pola Deputación da Coruña, terá lugar o luns 29 de decembro.

Cursos do Clube de Natación As Mariñas en agosto

O Clube de Natación As Mariñas celebra en agosto cursos intensivos de natación. Serán no parque acuático de Acea de Ama , contando coa colaboración do Concello de Culleredo.

Cursos intensivos de natación en Culleredo

O Club Natación Culleredo, coa colaboración do Concello, lanza os seus cursos intensivos de verán. Serán en xulio na piscina de Acea de Ama.

Reunión informativa dos campamentos de verán

O Concello de Culleredo celebra o venres 19 ás 20.30 horas a reunión informativa para as familias participantes nos campamentos urbanos deste verán.

Anuncio da dirección do Conservatorio

Por motivos de organización do centro queda suspendido ao mes de setembro, a oferta de prazas no curso de iniciación I.

Curso de condución segura para mozos

O Concello de Culleredo lanza un curso de condución segura para mozos, gratuíto, que se desenvolverá os días 13 e 14 de xuño, no recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo. Cada un dos días haberá un curso, en horario de 9.00 a 18.00 horas.

Sorteo de prazas para os campamentos da Deputación

Ponse en coñecemento que o sorteo para a asignación de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña celebrarase o vindeiro xoves 4 de xuño as 10:30 horas nas dependencias do Conservatorio Municipal de Música.

Listas de admitidos e de agarda nas escolas infantís

O Consorcio Galego do Benestar, dependente da Xunta de Galicia, fai públicas as listas de admitidos e de agarda nas escolas infantis de Culleredo: O Burgo, A Tartaruga e Fonte da Balsa.

Campamentos deportivos da Deputación

O Concello de Culleredo tramita a inscrición nos campamentos deprotivos 2015 da Deputación da Coruña. O prazo de inscrición comprende entre o 11 de maio e o 29 de maio.

Listas provisionais de admitidos nas Escolas Infantís de Culleredo

Listas provisionais de admitidos e excluidos das escolas infantis de Culleredo, comunicadas polo Consorcio Galego do Benestar.

XVI Mañás de campamento: matrícula

Información sobre a preinscrición e matrícula nas XVI Mañás de campamento: campamentos que concilian 2015 do Concello de Culleredo.

Datas de matrícula do Conservatorio Municipal

O Concello de Culleredo publica as datas de matrícula no Conservatorio Municipal de Música para o curso 2015-2016.

Campamentos urbanos verán 2015

O Concello de Culleredo abre este venres o prazo de inscrición para os campamentos urbanos do verán deste ano 2015.

Sorteo público de prazas para o plan de formación municipal

O sorteo público para a adxudicación de prazas correspondentes ás accións formativas do Plan Municipal de Formación Laboral 2015 terá lugar o día 8 de abril de 2015 ás 10:30 horas, no Centro Municipal  de Formación e Emprego.

Abril: mes dos libros en Culleredo

O Concello organiza na biblioteca municipal un amplo plan de actividades no mes de abril dirixidas aos libros, tanto para nenos como adultos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina