O Concello de Culleredo publica a información sobre os cursos do Club Natación Culleredo, que se desenvolverán en agosto nas piscinas de Acea de Ama.
Información sobre o VI Campus de Verán e I Campus Feminino do Sporting Burgo. Coa colaboración do Concello de Culleredo.
O servizo municipal de aluguer de bicicletas inicia tempada de verán. Desde o luns 4 de xullo, as bicicletas atoparanse xa aparcadas e o sistema activado para que veciños e visitantes gocen das amplas zonas verdes do municipio de Culleredo cun medio de transporte ecolóxico e que promove o exercicio físico.
O Club Baloncesto Culleredo, coa colaboración do Concello, organiza este verán a edición XIII do seu campus de baloncesto. Será do 27 de xuño ao 8 de xullo para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade.
O Concello de Culleredo aproveitará o verán para ofrecer clases públicas de reforzo escolar e de preparación das probras libres da ESO. O prazo de inscrición empezará o 27 de xuño.
O Concello de Culleredo celebra unha reunión informativa para as familias con menores matriculados no programa de Mañás de campamento: campamentos que concilian 2016. Será o xoves 23 ás 19.30 horas en Servizos Múltiples.
O Concello de Culleredo celebra, a petición dos delegados parroquiais, reunións técnicas cos maiores do municipio. Terán lugar con obxecto de analizar as próximas actividades e poder escoitar as propostas e ideas dos veciños.
A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo organiza o vindeiro domingo, 5 de xuño, a V Carreira pola Ría do Burgo. A inscrición está aberta ata o mércores 1 de xuño, en categorías desde os máis pequenos aos veteranos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER