Actividade Municipal

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2017

O Concello de Culleredo convoca accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Obradoiro de supervivencia doméstica para a xuventude

Os mozos de Culleredo vivirán este mércores, 22 de marzo, a súa segunda aprendizaxe de "superviviencia doméstica". Tras probar a gastronomía, chega nesta ocasión a quenda para os labores do fogar. Os participantes aprenderán a poñer unha lavadora, pasar o ferro, coser un botón ou a montar o seu botiquín de primeiros auxilios

Campamento urbano de primavera 2017

O Concello de Culleredo lanza unha nova edición dos seus campamentos urbanos de primavera, unha alternativa de lecer educativo para os días non lectivos da próxima Semana Santa. 

Viaxes de maiores en marzo 2017

O Concello de Culleredo organiza en marzo dúas novas viaxes dentro do programa específico de maiores. O 19 de marzo realizarán unha excursión ao castelo de Pambre e ao Museo da Terra de Melide. O 22 e 23 terá lugar unha viaxe ao balneario de Augas Santas, na Ribeira Sacra.

Plan municipal de formación 2017

O Concello de Culleredo presenta a súa programación de cursos para desempregados deste ano continuando a súa idea de diversificar a oferta achegándose á demanda real do mercado. O prazo de preinscrición comprenderá do 13 ao 17 de marzo.

O VI Descenso do Xalo será o 4 e 5 de marzo

O Campionato Galego de Descenso chegará o 4 e 5 de marzo a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada e que nos últimos anos reuniu a uns 150 deportistas.

Entroido 2017 en Culleredo

O Concello de Culleredo celebrá o Entroido 2017 por todo o alto, con opcións para os veciños de todas as idades.

Exposición colectiva de alumnos da Pablo Picasso

O público xa pode visitar ata o 4 de marzo a exposición colectiva "Un mundo sen nós" na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Trátase da primeira vez que ve a luz este traballo dun grupo de 13 alumnos da Escola Superior de Deseño "Pablo Picasso", da Coruña.

Aviso de suspensión de actividades deportivas polo temporal

O Concello de Culleredo informa de que ante o aviso de alerta laranxa por rafaxos de ventos superiores aos 90-100 Km./h. quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre durante todo o venres 3 de febreiro.

Risoterapia para mozos/as

O Concello de Culleredo suma unha nova actividade ao seu programa xuvenil. Tratarase dun taller de risoterapia, dirixido a mozas de 10 a 14 anos de idade. Será no centro municipal Pablo Picasso, no Burgo, o vindeiro venres 3 de febreiro, en horario de 18.00 a 19.00 horas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina