O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa da apertura dun novo prazo para a preinscrición en Iniciación II. Comprenderá entre o 1 e o 8 de setembro.
O Concello de Culleredo oferta para o mes de agosto obradoiros de arte para nenos e nenas. Serán impartidos pola artista Luisa Valdés. A inscrición ábrese o luns 10 de xullo.
O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).
Será un acto público.
O Conservatorio Profesional de Culleredo organiza un programa de cursos de verán. Serán un total de nove accións formativas que se desenvolverán ao longo do mes de xullo.
O Concello de Culleredo organiza o vindeiro luns, 19 de xuño, a reunión informativa cos pais/nais dos participantes nos campamentos de verán "Mañás de Campamentos". Será ás 20.45 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Aberta a inscrición nos campamentos deportivos da Deputación, que serán en Culleredo. A quenda comprenderá do 19 ao 25 de agosto, dirixida a idades de 9 a 14.
O Concello de Culleredo achega o teatro de primeiro nivel aos veciños e de forma totalmente gratuita. Este venres, 3 de xuño, o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples será o escenario da obra "Perplexo", de Il Maquinario Teatro, galardoada con cinco Premios María Casares.
O Concello de Culleredo ten aberta a convocatoria para a solicitude de uso de instalacións deportivas para a tempada 2017 - 2018.
O Concello de Culleredo acaba de publicar as vacantes coas que conta nos primeiros cursos dos graos elemental e profesional do Conservatorio Municipal de Música. En total, o centro de ensino oferta un total de 29 prazas repartidas en 11 especialidades que se imparten.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER