O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas inscritas, en espera e vacantes nas actividades culturais e deportivas para a tempada 2017-2018.
A Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, xunto co Concello de Culleredo e Castelo Deportes, organiza a I Carreira e Andaina Populares polo Parkinson. A proba terá lugar o domingo 22 de outubro a partir das 10:30 horas na Ría do Burgo e o obxectivo é recaudar fondos para loitar contra a enfermidade.
O Concello de Culleredo comunica que todas as persoas que realizaron a preinscrición nas actividades de Benestar Social municipais programadas para o curso 2017/2018 quedaron admitidas. Deberán formalizar a matrícula entre o 2 e o 5 de outubro.
O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas inscritas nas actividades culturais e deportivas para o curso 2017-2018, tras o sorteo público efecutado naquelas con maior demanda que prazas. O prazo de matrícula comprenderá entre o 2 e o 5 de outubro.
Dende a Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Festas do Concello de Culleredo vanse levar a cabo cursos de Aplicador/a Manipulador/a de Productos Fitosanitarios ( Nivel básico). A inscrición estará aberta do 28 de setembro ao 4 de outubro.
O Concello de Culleredo publica as listaxes da preinscrición nas actividades de benestar social correspondentes á tempada 2017-2018.
O Concello de Culleredo publica as listaxes de preinscritos/as nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2017-2018. Nos casos de máis solicitudes que prazas efectuarase un sorteo público o martes 26 de setembro ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Xa hai data e cartel do primeiro Memorial "Tino Poza" de Artes Plásticas, evento co que o Concello de Culleredo quere homenaxear ao que foi concelleiro durante 28 anos, sendo un dos principais promotores da actividade cultural no municipio. Será o sábado 7 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.
A actividade cultural do Concello de Culleredo seguirá o venres 22 de setembro cunha nova obra de teatro de máxima calidade. Será "Misterio cómico", de Teatro do Morcego, ás 20.30 horas no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER