A Concellaría de Benestar Social publica a listaxe definitiva de persoas admitidas, malia que nos grupos que non acadaron un mínimo de 6 participantes a actividade non poderá iniciarse namentres que non se complete este cupo.
O Concello publica a listaxe de persoas admitidas nas actividades de Benestar Social para o carto trimestre do ano 2012 (octubre - decembro). O goberno local que o período de matrícula comprende entre o 5 e o 10 de outubro, aínda que para os grupos que non acadaron o mínimo de participantes para desenvolverse, continuará aberto ata completarse.
O Concello de Culleredo finaliza a I Campaña de recollida de material escolar cun extraordinario resultado. A iniciativa recolleu de mans dos veciños máis de 600 artigos, valorados nus 4000 euros. O material distribuirase inicialmente a un grupo de 40 familias en situación de necesidade.
A Concellaría de Benestar Social abre o prazo de preinscripción para as actividades correspondentes ao carto trimestre do ano 2012. Comezarán o vindeiro 15 de outubro. Adxúntanse os documentos. Mais información no centro de Servizos Sociais do Burgo. Tel 981 654 570.
O Concello recibiu da Xunta de Galicia as listas definitivas de admitidos e as de agarda das tres escolas infantís radicadas no municipio, de cara ao curso 2012-2013.
A Concellaría de Consumo do Concello de Culleredo anima aos veciños a participar nos últimos días da campaña de recollida de material escolar. A iniciativa desenvólvese desde o pasado día 18 de xuño e remata o vindeiro 21 de setembro.
O Concello de Culleredo participa nunha actividade formativa transfronteiriza sobre hábitos de vida saudables para os maiores. Atópase enmarcada nunha iniciativa do Fondo de desenvolvemento rexional europeo (FEDER), organizada pola Universidade do Minho en Braga-Portugal.
O Concello de Culleredo informa da apertura dunha convocatoria extraordinaria para o programa "Benestar en balnearios". Os interesados poden informarse no centro municipal de Servizos Sociais ou no 981 654 570.
Neste ano 2012, o Concello de Culleredo investirá máis de 410.000 euros na axuda a persoas con dependencia a través do servizo de axuda no fogar. A axuda a domicilio pola vía da dependencia ven adxudicada pola Xunta pero a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, explica que na actualidade a Xunta ten bloqueadas as altas en Culleredo.