O centro municipal da Escada, que ofrece formación ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, celebrou onte martes 25 a súa festa de fin de curso. Reuniu aos alumnos e as súas familias para o festexo. A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, e a de Sanidade, Penélope López, participaron no festexo.
O goberno local de Culleredo busca a participación activa dos maiores na vida do municipio. O Concello celebrou unha reunión cos delegados parroquiais, encontros que anuncia que intensificará para escoitar as súas propostas de primeira man e poder levalas a cabo. No encontro, os maiores xa trasladaron ideas coma a recuperación dos bailes os fins de semana e a impartición de clases de informática na aula de Vilaboa, cuestións que o Concello espera atender en breve prazo.
O Concello de Culleredo organizou un taller de cociña co fin de mellorar das habilidades sociais e de comunicación dos mozos participantes, que tomaron parte na iniciativa xunto coas súas familias. O Concello apostou pola cociña como entorno ideal para mellorar este ámbito, e que da posibilidade para a interactuación entre mozas e pais. A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Pombo, foi a encargada de clausurar a actividade coa entrega de diplomas.
A Comisión Municipal de Desafiuzamentos de Culleredo suma 4 casos xa pechados a través das xestións realizadas desde que naceu. Actualmente, ten en vías de chegar a solución outros 7 casos. A Comisión traballará tamén para o aproveitamento das numerosas casas baleiras que existen en Culleredo como vía para o alugueiro de persoas que o necesiten.
O Concello de Culleredo adxudica mediante concurso público a concesión do servizo de xestión e execución da prestación dos servizos de axuda a domicilio. A licitación foi gañada pola empresa A0 Maiores Sociedade Limitada por un importe anual de 621.160 euros, cunha baixa sobre o tipo de 29.612 euros ao ano.
Baixo o título "A plataforma de afectados e afectadas polas preferentes de A Coruña e Comarca.: Xuntos podemos", o Punto de información ao consumidor de Culleredo, e a devandita plataforma, informarán dos traballos da organización cidadá, da situación da reivindicación de solución para ás persoas afectadas pola mala comercialización dos "produtos tóxicos" como as preferentes e participacións subordinadas A xornada terá lugar o día 8 de febreiro no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
A Comisión Municipal de Desafiuzamentos do Concello de Culleredo mantivo un encontro cos responsables territoriais de NovaGalicia Banco, co obxecto de trasladarlles diferentes propostas que teñen por finalidades mellorar as condicións para os veciños do municipio. A eliminación de taxas ou a posible susbtitución de hipotecas por alugueiros sociais, entre as suxerencias.
Postais, bolas para os árbores de Nadal, coroas e adornos son as creacións que están a facer os alumnos do centro ocupacional municipal A Escada. O obxectivo é vendelos para recadar cartos para o fondo para emerxencia social do Concello. A Escada admitirá pedidos vía telefóno, mail ou Facebook. Ou en persoa. “Os alumnos están moi animados en contribuír ás axudas para emerxencia do Concello”, apunta Raquel Jabares.
O Concello de Culleredo levou a cabo un obradoiro de técnicas para dependentes e para os seus familiares. Enmarcouse dentro do convenio de colaboración que o Concello ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem). A xornada tivo lugar en Vilaboa, no Pazo de Villa Melania. Contou coa asistencia de medio centenar de persoas interesadas na materia.
A elevada demanda de prazas nas escolas infantís repítese en Culleredo, quedando en evidencia a xestión da Xunta de Galicia na materia. Ante as 142 familias que quedan nas listaxes de agarda, a primeira tenente de alcalde, esixe ao goberno galego que mellore “notablemente e con urxencia” a planificación na apertura de escolas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER