Os traballos comezarán de forma inminente. Os puntos a mellorar foron trasladados polos propios veciños ao Concello ou foron detectados polos servizos municipais. Para acometer esta campaña contra as fochancas, o Concello destinará uns 30.000 euros das arcas municipais.
O Concello de Culleredo aposta pola xestión directa das estradas, que aínda sendo propiedade doutra administración, teñen un carácter hoxe en día eminentemente urbano. Desa forma, aínda que o seu mantemento implique gastos para o Concello, logrará adaptalas ao máximo ás necesidades dos veciños, que as empregan a diario.
O Concello acaba de adxudicar a elaboración do proxecto de rehahabilitación do Edificio de servizos Múltiples do Burgo. A dependencia experimentará unha total redistribución de espazos para gañar en comodidade e en aproveitamento.
Como consecuencia da convocatoria das Eleccións o Parlamento Europeo ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais durante o prazo do 7 ao 14 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.
Os bos resultados orzamentarios permiten ao Concello de Culleredo dedicar parte do superávit cultivado á realización de dous dos máis necesarios investimentos para o municipio: a reforma do Edificio de Servizos Múltiples e do campo de fútbol de Rutis.
O Concello de Culleredo participará o sábado, 29 de marzo, na Hora do Planeta, campaña que promove a organización WWF para concienciar sobre a necesidade de colaborar contra o cambio climático. Apagaranse boa parte do paseo marítimo de 20.30 a 21.00 horas.
Os veciños de Culleredo contarán con importantes novidades asociadas ao servizo de augas. Unha factura renovada, con máis información, ou unha nova web específica para o municipio incrementarán as funcionalidades para o usuario.
Os veciños da zona urbana de Culleredo xa teñen a administración municipal máis preto. O Concello abriu o pasado luns un novo rexistro no Burgo, que se suma ao xa existente na casa consistorial, para facilitar as xestións das parroquias máis poboadas do municipio.
O goberno de Culleredo apunta aos parques infantís como unha das infraestruturas a dedicar maiores esforzos. Entre 2013 e 2014, o Concello sumará un total de 12 actuacións nestas infraestruturas.
O Concello de Culleredo dedicará o plan DTC 93, que cofinancia a Deputación da Coruña, á execución de diversas obras de máximo interese para os veciños. O pleno aprobou o pasado xoves a relación de actuacións, que abarcan desde a mellora de seguridade viaria ata a renovación de infraestruturas deportivas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER