Alcaldía

O Concello acometerá de inmediato obras por valor de 413.000 euros

O goberno de Culleredo acometerá de forma inminente 14 paquetes de actuacións ao longo do municipio que servirán para dar resposta a algunhas das necesidades detectadas e para levar a cabo distintas melloras de carácter urbano. As obras atópanse no final da súa tramitación de contratación polo que o Concello estima que se iniciarán de inmediato.

Axudas da Xunta para contratar internet vía satélite

O Concello informa de que a Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
 

Reunión entre o Concello e a Comisión de Festas do Burgo

O Concello de Culleredo mantivo unha reunión coa Comisión de Festas do Burgo para tomar unha decisión sobre os festexos tras suspensión temporal acordada onte en solidariedade cos afectados no accidente de tren de Santiago. As festa retomaranse onte para evitar graves perxuízos económicos á Comisión e feirantes. O goberno local agradece a comprensión amosada onte polas Comisións e veciños.

Profundo pesar do Concello de Culleredo polo accidente de tren en Santiago

O Concello de Culleredo amosa o seu profundo sentir polo tráxico accidente de ferrocarril que tivo lugar na tarde de onte en Santiago de Compostela. O goberno municipal, en nome da corporación, desexa trasladar os maiores ánimos e a súa solidariedade aos familiares, amigos e achegados das vítimas do accidente

O alcalde e o conselleiro de Medio Ambiente firman o convenio para reformar Electo Carballo

O Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia rubrican o acordo para a remodelación da avenida de Electo Carballo (AC-215). O alcalde, Julio Sacristán, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinaron o convenio para  incrementar a seguridade viaria para os veciños desta estrada, que pasa a ser municipal.

O goberno de Culleredo presenta a conta xeral de 2012 con 2,9 millóns de remanente

O Concello de Culleredo presenta a conta xeral do exercicio económico 2012 cuns excelentes resultados. De feito, a liquidación orzamentaria alcanza valores que non se lograban desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra que reverte radicalmente a situación negativa do pasado exercicio e agora alcanza os 2.907.995,97 euros.

Iniciada a construción da senda peonil que rodeará o aeroporto solicitada polo Concello

Aena acaba de iniciar a segunda fase da construción da senda peonil que rodeará á nova cabeceira do aeroporto de Alvedro. Trátase dunha das actuacións solicitadas polo goberno de Culleredo para ofrecer aos veciños unha nova contorna de esparexemento e garantir a súa mobilidade na zona da ampliación da pista. Comunicará o novo parque da festa, inaugurado o ano pasado, con Fontemaior.

A nova oficina de Correos do Burgo comenza a funcionar desde o luns 3

O luns, día 3 de xuño, ás 9.00 horas, abrirá a nova oficina de Correos do Burgo, situada nun local da antiga Casa dá Xuventude, cedido polo Concello de Culleredo á empresa postal. A apertura desta oficina foi longamente demandada pola asociación de veciños O Noso Burgo, pero Correos alegaba problemas económicos para facelo. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, reuniuse hai dous meses cos novos responsables de Correos e chegou a un acordo para a cesión deste local municipal.

O alcalde convoca aos veciños do Monte Costa ante o inicio das voaduras

O goberno de Culleredo celebrará hoxe mércores 22 de maio unha reunión cos veciños das inmediacións do Monte Costa para informarlles do inminente inicio das voaduras para o desmonte. O alcalde convoca o encontro de forma urxente unha vez que recibiu información das condicións da actuación por parte da empresa. O goberno de Culleredo manterá unha actitude vixiante para comprobar que se garanten todas as condicións de seguridade para os cidadáns.

Culleredo celebra o pleno de organización do novo goberno, que aforrará 25.000 euros anuais en dedicacións e dietas

O Concello de Culleredo celebrou o martes 14 de maio o pleno de organización do novo goberno municipal. O alcalde deu conta do nomeamento dos novos tenentes de alcalde e a delegación de competencias nos concelleiros de APdC integrados agora no PSOE. O pleno aprobou sen votos en contra as dedicacións, horario das xuntas de goberno, estrutura das comisións informativas e representación da corporación nos distintos órganos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina