Alcaldía

Culleredo celebra o pleno de organización do novo goberno, que aforrará 25.000 euros anuais en dedicacións e dietas

O Concello de Culleredo celebrou o martes 14 de maio o pleno de organización do novo goberno municipal. O alcalde deu conta do nomeamento dos novos tenentes de alcalde e a delegación de competencias nos concelleiros de APdC integrados agora no PSOE. O pleno aprobou sen votos en contra as dedicacións, horario das xuntas de goberno, estrutura das comisións informativas e representación da corporación nos distintos órganos.

Intervención do alcalde de Culleredo no pleno de organización do novo goberno municipal

O pleno de organización do novo goberno de Culleredo, resultante da integración de APdC no PSOE, comezou coa intervención do alcalde, Julio Sacristán. O rexedor presentou os obxectivos do goberno, entre os que destacan a ampliación dos servizos sociais, a elaboración dunha estratexia local de emprego ou a mellora da coordinación entre as 7 áreas que conforman o Concello de Culleredo.

Culleredo acolle o lanzamento da campaña das Letras Galegas de Vegalsa-Eroski

A compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski celebrou no seu centro de Acea de Ama o inicio da campaña conmemorativa do Día das Letras Galegas, que lembra esta edición a Roberto Vidal Bolaño. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, participou na simbólica pegada de carteis no centro, que marcan o comezo da campaña, acto presidido polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.

O novo goberno de Culleredo estrutúrase en 7 áreas para unha mellor coordinación en contacto co veciño

O goberno de Culleredo estrea organización, froito da integración de APdC e PSOE, o que provocou o fin do pacto de goberno co BNG, xa que os socialistas dispoñen dunha ampla maioría con 13 concelleiros. O goberno ten agora 7 áreas coas que se buscará unha maior coordinación e participación veciñal, tendo nos servizos sociais a "prioridade absoluta" do Concello.

O pleno aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal

O pleno de Culleredo aprobou o regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello. Trátase da regulación dos arquivos, automatizados ou non, que conteñen e procesan datos persoais. O regulamento determina a finalidade de cada ficheiro, as persoas ou colectivos dos que se obteñen, a súa estrutura e descrición ou o órgano responsable do mesmo. Ademais o pleno acordou delegar na Deputación da Coruña a tramitación dos certificados electrónicos.

Fomento aproba as aliñacions da Terceira Ronda propostas polo Concello

O Ministerio de Fomento aproba a proposta de modificación da liña límite de edificación na Terceira Ronda e na autovía de acceso ao aeroporto de Alvedro elevada polo Concello de Culleredo.  Os veciños da Urbanización Augas Mansas solicitaran o a fixación das aliñacións nesta urbanización, co fin de que excepcionalmente non fóra de aplicación a Lei de Estradas nesta urbanización e evitar así que parte dela quedase fora de ordenación.

O Concello cede un local a Correos para que preste servizo no Burgo

O Concello de Culleredo aproba a cesión dun local a Correos para que poida ofrecer os seus servizos postais aos veciños da zona do Burgo. Trátase dun espazo de 34 metros cadrados de superficie, situado na antiga Casa da Xuventude, sita na rúa Alfonso VII do Burgo. A cesión do local prodúcese por un prazo de 12 anos, prorrogables ata un máximo de 24.

O Concello contrata un servicio de tratamento de vehículos abandonados

O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados ante a proliferación de casos que encheu o depósito municipal. Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.

Culleredo poderá aforrar 50.000 euros na compra de auga en 2013 polas chuvias caídas

As fortes choivas que están a caer permiten ao Concello de Culleredo comprar 40.283 metros cúbicos menos de auga a EMALCSA no primeiro trimestre do ano, con respecto a 2012. Esta baixada na compra supón un aforro para as arcas municipais de 11.531,22 euros que no que resta de ano podería chegar aos 50.000 euros. O alcalde apunta que a contía investirase en melloras na rede de augas.

O Concello de Culleredo licitará obras en abril por valor de 579.000 euros

O Concello de Culleredo sacará a licitación en abril diversas obras por importe de 579.942,55 euros. Correspóndense ao Plan de Obras e Servizos de 2013, ao Plan Complementario do POS 2012 e diferentes subvencións. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que as obras programadas "paliarán as deficiencias detectadas polos servizos municipais e as peticións efectuadas polas asociacións de veciños nalgúns casos".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina