Aberto o prazo para a inscrición ás probas de acceso a 1º de grao elemental do Conservatorio

O luns 10 de maio ábrese o prazo para a inscrición ás probas de acceso a 1º de grao elemental.
 
 

O Concello de Culleredo informa de incidencias na subministración eléctrica debido a unha avaría de alta tensión

O Concello de Culleredo informou esta mañá de incidencias na subministración eléctrica debido a unha avaría de alta tensión que Fenosa xa está tratando de localizar.
 

Vacantes para o curso 2021/2022 do Conservatorio Profesional de Música

Publicada a listaxe de vacantes do Conservatorio Profesional de Música para o curso 2021/2022.

O Concello de Culleredo celebra a Feira da Artesanía o 17 de maio

O próximo 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Culleredo celebrará a Feira de Artesanía.

 

Culleredo contará cun espazo dedicado a Xela Arias nas súas bibliotecas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Culleredo contará nas súas bibliotecas municipais cun espazo dedicado á escritora homenaxeada este ano, Xela Arias, e ofrecerase unha guía de lectura da autora.

Pleno Municipal extraordinario do Concello de Culleredo para o mércores 5 de maio

Mañá, mércores 5 de maio, ás 10:00 horas, o Concello de Culleredo celebrará un pleno extraordinario coa seguinte orde do día.

O Pleno ordinario previsto para hoxe tivo que ser adiado por problemas técnicos

O Concello de Culleredo tiña que celebrar un Pleno ordinario hoxe, xoves 29 de abril, pero por problemas técnicos tivo que adiarse. 

Culleredo propón unha enquisa para diagnosticar o estado da mobilidade no municipio

O Concello de Culleredo está a elaborar o seu Plan de Movilidad Urbana Sostible. É unha das accións incluídas dentro do programa Culleredo Vivo, cofinanciado pola Unión Europea a través do FEDER.
 

Resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas

O Concello de Culleredo anuncia a resolución definitiva das axudas PEL REACTIVA destinadas a autónomos e microempresas co fin de paliar as consecuencias económicas da pandemia no ano 2020.

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2021

Dende O Servizo de Dinamización , Formación e Emprego da Concellería de desenvolvemento local, cultura, festas e turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

O Concello de Culleredo concluíu as obras de reparación do depósito de auga da Corveira

O Concello de Culleredo concluíu as obras de reparación do depósito de auga da Corveira.
 
Cos traballos efectuouse o cambio da bomba por outra de maior capacidade, renovouse parte da instalación eléctrica, substituise a canalización, limpouse o interior e exterior do depósito e eliminouse o actual revestimento de cemento para aplicar un sistema de impermeabilización.
 
Ademais, eliminouse a capa vexetal e de terra da cuberta, pintáronse os muros e a cámara de chaves, instaláronse baixantes de aluminio para a recollida de augas e substituiuse o peche da parecela na que se atopa o depósito.

Cribado de saliva no Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo informa que hoxe, mércores 24 de marzo, comezou un novo cribado entre a cidadanía do municipio para detectar casos positivos por coronavirus.

 

O Concello de Culleredo finaliza as notificacións provisionais da axuda do programa PEL REACTIVA

O Concello de Culleredo finalizou hoxe as notificacións provisionais da axuda do programa PEL REACTIVA da Deputación da Coruña. 

O Concello de Culleredo atende as demandas dos consumidores a través da Asociación de Mulleres de Vilaboa e a Federación Galega EuroConsumo

O Concello de Culleredo atende as demandas dos consumidores a través da Asociación de Mulleres de Vilaboa e a Federación Galega EuroConsumo.
 
Hoxe, 15 de marzo, conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, coincidindo co primeiro aniversario da colaboración entre as tres entidades.
 
A través da asociación, Euroconsumo atende ás familias de Culleredo nas súas dúbidas de reclamacións como persoas consumidoras, ademais de colaborar coa radio municipal divulgando sobre distintas temáticas relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras.
 
As persoas que precisen unha consulta poden pedir cita previa no 620 338 164.

O Concello de Culleredo fixo entrega dos premios do Entroido Choqueiro telemático

O Concello de Culleredo fixo entrega hoxe dos premios aos gañadores do seu Entroido Choqueiro, o concurso telemático de disfraces organizado este ano ante o contexto sanitario. O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 

Culleredo dá comezo ao programa formativo en horticultura ecolóxica

Unha vez efectuado o sorteo público do 23 de febreiro para seleccionar ao alumnado participante, o  Concello de Culleredo, a través do servizo de Dinamización, Formación e Emprego dá comezo o proxecto de formación para sustentabilidade ambiental, que promove a formación, plantación e produción de horticultura ecolóxica, constituíndose como unha actividade lúdico-educativa enfocada a veciñas e veciños do municipio co fin de fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respectuosa co medio ambiente.

Culleredo e A Coruña suman forzas para desenvolver en conxunto obradoiros de emprego

Os Concellos da Coruña e Culleredo decidiron unir forzas para impulsar en conxunto obradoiros de emprego, iniciativas co obxectivo de apoiar a inserción laboral dos veciños e veciñas, á vez que levar a cabo actuacións de interese para o municipio. 

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE

O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Enquisa para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O Concello de Culleredo pide colaboración para cubrir esta enquisa de cara a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A meta é coñecer os hábitos de mobilidade da cidadanía.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina