Actualidad

Acea de Ama acolle unha mostra de Ricardo Arce

A sala dos Muiños de Acea de Ama acolle unha exposición de pintura de Ricardo Arce desde o 27 de xullo ata o 31 de agosto deste ano.

Aviso de cortes de tráfico por motivo das Festas do Burgo

O Concello informa dos cortes de tráfico a efectuar polas Festas de Santiago Apóstolo no Burgo.

Clausurados os obradoiros de cociña e habilidades sociais

clausuraO Concello de Culleredo fixo o acto de clausura dos obradoiros de cociña e habilidades sociais.

Culleredo continúa ofertando apoios ás familias na súa tarefa de conciliar

A Concellaría de educación de Culleredo ten aberto o prazo de matrícula para os meses de xullo e agosto, para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo.

Ampliados os horarios de xardin botánico, aula de natureza e Villamelania

O Concello informa da ampliación de horarios do xardín botánico do Burgo, do xardín de Villamelania e da aula de natureza co obxectivo de proporcionar un mellor servizo aos veciños.

O Concello presenta o Mercado Templario do Burgo e a Feira dos Continentes

Presentación feriaO recinto multiusos do Burgo acollerá o Mercado Templario desde o 1 ao 3 de xullo e a Feira dos Continentes entre o 5 e o 17 de xullo.

IV Mercado Templario do Burgo de Faro

cartazO Mercado Templario do Burgo de Faro chega á súa edicíón IV. Celebrarase no paseo marítimo entre os días 1 e 3 de xullo.

Pacto de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG de Culleredo

O PSdeG-PSOE e o BNG de Culleredo veñen de acordar o pacto de goberno para o mandato 2011-2015 tras o resultado das eleccións celebradas o pasado 22 de maio.

II Concurso de Fotografía Medioambiental para escolares

IES Blanco Amor
A Concellería de Educación entregou os premios do “II Concurso Concello de Culleredo de Fotografía Medioambiental para escolares”. Esta iniciativa pretende concienciar e sensibilizar a comunidade escolar sobre as causas, efectos e solucións asociadas ao cambio climático e á perda da boidiversidade, e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Julio Sacristán, proclamado alcalde de Culleredo

 Investidura alcalde
 Julio Sacristán foi nomeado alcalde de Culleredo tras o pleno de investidura celebrado no Concello. No seu discurso apostou polo diálogo e consenso coas asociacións e grupos políticos para o avance de Culleredo.

O Concello de Culleredo renovará equipamentos do paseo marítimo do Burgo

pistas do paseoO Concello de Culleredo prepara unha renovación de parte dos equipamentos que dispón o paseo marítimo do Burgo, zona verde referente no municipio e na comarca da Coruña. Así, o plan de actuación do goberno local que preside Julio Sacristán pasa por modernizar instalacións proporcionando maior servizo aos usuarios.

30º Torneo Municipal de Chave "Concello de Culleredo"

Lugar: Campo de Fútbol de Almeiras
Sábado 11 de xuño ás 18:00 horas.

XIV Concurso Pintor Arguelles

Domingo 19 de xuño, de 9:00 h. a 14:00 h, no recinto do Xardín Botánico "Ría do Burgo"

Exposición extraordinaria de Felipe Criado no Muíño de Acea de Ama

Inauguración o venres 17 de xuño de 2011, ás 20.30 h.

O IES Universidade Laboral recibe a estudantes de Alemaña e Inglaterra

Recepción aos estudantesO IES Universidade Laboral de Acea de Ama participa nun programa europeo con alumnos de Alemaña e Inglaterra. O proxecto enmárcase na área de estudo da eficiencia enerxética.

Concertos conservatorio semana do 6 o 12 de xuño

Entrada libre e de balde.

XVIII Dia Municipal da Familia de Culleredo

Domingo 12 de xuño de 10 a 20h. no Parque Recreativo de Acea de Ama.

Presentación do libro "Animal abismo" de Diana Varela.

Mércores 8 de xuño ás 20h. na biblioteca da Poesía "Uxío Novoneyra" de Vilamelania-Vilaboa

Protección Civil contará con oito novos efectivos

O Concello de Culleredo incrementará a plantilla de Protección Civil con oito auxiliares, que serán contratados por seis meses en virtude do plan de cooperación autonómico.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina