O Concello colaborou coa Academia Galega de Seguridade no curso que se acaba de impartir na base de Protección Civil en Culleredo. Nesta ocasión, o obxectivo consistiu preparar aos efectivos para os labores de intervención ante accidentes de estrada.
O Concello de Culleredo informa de que xa se poden recoller no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo as invitacións para a obra de teatro "Misión sapiens", que se representará o venres 24 de outubro, ás 20.30 horas, no Conservatorio Municipal de Música.
O Concello de Culleredo emprende un importante plan de seguridade viaria e de mantemento viario na urbanización Augas Mansas, situada na Zapateira. O goberno local quere garantir así a seguridade na circulación do tráfico rodado e incrementar as comodidades para os veciños.
O Concello de Culleredo dirixe esforzos en materia de educación viaria para os mozos do municipio. O curso de condución segura levarase a cabo en dúas edicións o fin de semana do 25 e 26 de outubro. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 18:00.
O goberno municipal de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse todos os venres deste trimestre, desde o 17 de outubro ata o 19 de decembro, no centro social de Fonteculler.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER