O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados non levarán o pago de ningunha taxa aos veciños de Culleredo. O goberno municipal elimina un total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6 para facilitar os trámites coa administración municipal por parte dos cidadáns.
A eficacia na xestión dos recursos municipais e a coordinación entre as áreas permiten ao Concello de Culleredo presentar uns orzamentos para o ano 2014 cun crecemento dun 2,49% con respecto ao presente exercicio.
Os excelentes resultados económicos conseguidos polo Concello de Culleredo no ano 2012 permiten ao goberno local a amortización completa do crédito ICO subscrito o ano pasado para o pago a provedores, a raíz do plan aprobado polo Goberno do Estado. A pesar de que o Concello dispón de 10 anos para amortizar os 2,1 millóns de euros do crédito ICO, o superávit de 3,037 millóns de euros logrado en 2012 propicia a situación económica máis que suficiente para cancelalo, se se desexa, de inmediato.
A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros. O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit.
O Concello de Culleredo modificou a ordenanza de terrazas para a ampliación do horario, petición expresa do sector hostaleiro para ver favorecida a súa actividade. Adiántase media hora o horario de montaxe das terrazas e aumenta unha hora a súa recollida. O horario de funcionamento das terrazas será no inverno ata as 00.30 horas, aínda que os venres, sábados e vésperas de festivo poderá incrementarse nunha hora máis. Tamén nos meses de verán poderá aumentarse unha hora.
O Concello de Culleredo elevará ao pleno da corporación, que terá lugar o próximo 29 de novembro, a aprobación do Orzamento Municipal para o ano 2013. O alcalde, Julio Sacristán, prevé igualar ingresos e gastos no orzamento, por tanto tratarase dun orzamento equilibrado. Os ingresos e gastos roldarán os 22,5 millóns de euros, 1,3 millóns por baixo da contía aprobada o ano pasado. Neste descenso incide a decisión do goberno local de non incrementar as taxas.
Os orzamentos municipais para 2012, aprobados polo pleno da corporación, veñen marcados por un descenso dun 12,1% con respecto a 2011. Desta forma, o goberno local configura unhas contas prudentes, realistas coa situación de crise, e que garantirán os servizos básicos aos cidadáns.
A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER