O patrimonio artístico de Culleredo é froito dun temperá ocupamento humano do territorio que se remonta á Prehistoria. Desde que o home se aferra á súa terra, desexa deixar constancia da súa presenza, unha pegada que perdure máis aló da súa existencia e que reflicta a súa visión sobre a vida e a morte, do visíbel e inviíbel: a arte.
A riqueza patrimonial de Culleredo permítenos realizar un percorrido polos diferentes estilos artísticos en todas as súas formas de expresión: arquitectura, escultura, pintura, artes ornamentais e suntuarias e a ourivería.
O emprazamento do municipio contorna á desembocadura do Río Mero, outorgoulle un papel relevante na historia de Galicia, como paso obrigado e encrucillada de camiños. Culleredo constitúe, ademais, un lazo de unión entre a área litoral do Golfo Ártabro e o interior da provincia coruñesa, no cal penétrase a través do Val de Veiga.
A análise do patrimonio estructúrase de modo temático, en dous grandes bloques: arte relixiosa e civil. Dentro destes dous apartados iranse analizando cada unha das obras, encadrándoas no período estilístico xeneral, realizando un estudo comparativo con obras coetáneas dentro do termo municipal e fóra deste. A elección desta estrutura ten como finalidade facilitar a consulta, sen necesidade de entresacar datos de varios apartados para coñecer a xénese dun edificio ou obra, agrupando toda a súa información nun mesmo punto.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER