Programación das Escolas Municipais do Concello de Culleredo para o curso 2018-2019

No documento adxunto podedes consultar a programación completa para o curso 2018-2019 das Escolas Municipais do Concello de Culleredo. 

A preinscrición vai do 3-7 de setembro.

Culleredo aposta por previr o fracaso escolar e a integración dos escolares do municipio

A Concellería de Educación de Culleredo, á fronte da cal se atopa a edila Carmen Varela, quen leva anos proporcionando apoio e reforzo educativo a alumnado con problemas ou dificultades nos estudos. Trátase de fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento e deste xeito contribuír a previr o fracaso escolar e lograr unha mellor integración.

 

Trofeos municipais de fútbol Concello de Culleredo

Entre o domingo 5 de agosto e o próximo 26 de agosto disputaranse os diferentes torneos municipais de fútbol: o XLI Trofeo de Fútbol Afeccionado, o XXI Trofeo de Fútbol Veterano e o VI Trofeo de Fútbol Base Infantil.

O servizo de aluguer de bicicletas, en marcha ata o 15 de outubro

O Concello de Culleredo ten en marcha desde a semana pasada o seu servizo de aluguer de bicicletas. Ata o próximo 15 de outubro, os veciños e visitantes poderán tomar prestada unha das bicicletas para percorrer o municipio aproveitando os grandes espazos existentes.

Conferencia 'Mamá, ¡quiero ser youtuber!'

Data : 
16/08/2018 - 19:00
O xoves, 16 de agosto, ás 19 horas no Edificio de Servizos Múltiples terá lugar a conferencia 'Mamá, ¡quiero ser youtuber!', organizada por AnhidaCoruña.
 
A asistencia é gratuíta.

Culleredo saca a licitación 13 proxectos de obras cun investimento de 946.000 euros

O Concello de Culleredo tramita a contratación dun primeiro gran paquete de investimentos por un montante total de 946.467,04 euros. Será un plan con 13 proxectos que redundará en importantes melloras para o municipio en ámbitos como os equipamentos e espazo públicos, a rede viaria ou a iluminación.

Case 400 veciños enchen o salón de plenos na reunión sobre o Aeroporto convocada polo Concello

O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.

Apertura da exposición fotográfica e didáctica “Vida silvestre do encoro de Cecebre”

Data : 
27/07/2018 - 18:00 - 30/08/2018 - 21:00

Apertura da exposición fotográfica e didáctica “Vida silvestre do encoro de Cecebre”, de Hábitat e Emalcsa, promovida pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñeses e Terras do Mandeo na Aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo. A mostra estará dispoñible ata o 30 de agosto.

O alcalde de Culleredo clama por “medidas urxentes” que eliminen as trabas legais para usar o superávit para investimentos

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dirixirase ao Goberno do Estado para reclamar cambios na política de administracións  púbicas que eliminen as trabas que padecen agora os concellos e que lles abocan a unha retardación total do seu funcionamento.

 

O Concello de Culleredo promove o exercicio físico durante todo o ano a través do seu 'Verán movidiño'

Outro ano máis o Concello de Culleredo organiza o seu 'Verán  Movidiño', que comeza o luns 23 de xullo e termina o 30 de setembro e pretende promover o exercicio físico durante os  meses de verán, tanto de maneira individual como  grupal.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina