Mercado Templario Burgo de Faro

Data : 
29/06/2018 (Todo o día) - 01/07/2018 (Todo o día)
Do 29 de xuño ao 1 de xullo volve ao Paseo Marítimo do Burgo o Mercado Templario do Burgo de Faro! 
 
Un ano máis as rúas de Culleredo volverán ao medievo e encheranse de música en directo, teatro, obradoiros...
 
Non o perdas! ;)  

VI Xornada Gastro-deportiva do Conservatorio

Data : 
22/06/2018 - 16:30
O venres 22 de xuño, a partir das 16:30 horas a ANPA O Burgo - Conservatorio de Música de Culleredo organiza a VI Xornada Gastro-deportiva de fin de curso no Pavillón Municipal do Burgo. 
 
Haberá deportes variados e, ao remate, celebrarase unha merenda!

Bando para o San Xoán 2018

Con motivo da celebración das festas de San Xoán 2018, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá como as lumaradas, os servizos de seguridade e emerxencias, as sardiñadas e barbacoas, as infraccións ou as normas complementarias.  

Culleredo acolle a primeira carreira nocturna solidaria organizada polo Colexio de Farmacéuticos da Coruña

O Paseo Marítimo do Burgo, no  Concello de Culleredo, acollerá a ‘I Carreira Nocturna  COFC’ organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña para o sábado, 7 de xullo, ás 22:30 horas. 
 
 

I Carreira Popular Nocturna COFC

Data : 
07/07/2018 - 22:30
O Colexio de Farmacéuticos da Coruña, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza a I Carreira Popular Nocturna COFC, de 5 km, que se celebrará o 7 de xullo no Paseo Marítimo do Burgo.
 
O prazo para anotarse remata o mércores 4 de xullo e podes facelo a través da web: http://nocturnacofc.galitiming.com/

Son+2: A casa do terror.

Data : 
22/06/2018 - 19:30
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 19.30 h:
 
Son+2: A casa do terror.
 
Público infantil. Entrada libre.

Contacontos coa Dragona Ramona: Vou comerte.

Data : 
22/06/2018 - 18:30
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa. 18.30 h:
 
Contacontos coa Dragona Ramona: Vou comerte.
 
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Gallaecia Eventos: Dixie King. (Concerto de música).

Data : 
21/06/2018 - 20:30
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. 20.30 h:
 
Gallaecia Eventos: Dixie King. (Concerto de música).
 
Entrada libre. Recollida de invitacións dende unha hora antes da función.
 
 

Saída a Cedeira e Ortigueira

Data : 
30/06/2018 (Todo o día)
O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Cedeira e Ortigueira para o 30 de xuño.
 
A expedición partirá ás 8:30 horas da mañá desde Castelo e Boedo. Na ruta programada, ademais das vilas de Cedeira e Ortigueira, os participantes na saída coñecerán San Andrés de Teixido ou o Museo Mares.
 
Os interesados teñen ata o 21 de xuño para anotarse e poden formalizar a súa preinscrición nos Centros municipais dos servizos sociais do Burgo e Vilaboa, ou a través das delegadas e delegados parroquiais do Club +65. Tamén no teléfono 699 506 414 (de 9 a 14 horas).
 
O prezo do xantar e das visitas é de 15 euros e o do transporte é de 13 euros. Ademais, existen unha serie de bonificacións para aqueles que sexan Soci@s do Club +65, que pertenzan ao Voluntariado Culleredo, persoas con discapacidade, con tarxeta de desemprego ou familias numerosas. 

O programa de Dinamización Comunitaria organiza unha viaxe a Cedeira e Ortigueira

O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Cedeira e Ortigueira para o 30 de xuño.
 
 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina