Espazo saúde

Data : 
08/06/2018 - 19:30

Charla 'O coidado físico' incluída dentro do ciclo de charlas saudables Espazo Saude.

Espazo saúde

Data : 
01/06/2018 - 19:30
Charla 'O benestar emocional' incluída dentro do ciclo de charlas saudables Espazo Saude.

 

VII Carreira pola Ría do Burgo

Data : 
10/06/2018 - 11:00
O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 10 de xuño da VII Carreira pola Ría do Burgo, cita que cada ano acolle a un maior número de runners de toda Galicia. A proba está organizada polo Concello de Culleredo e inclúese no circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña, contando coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.
 
A inscrición para a carreira estará aberta ata o martes 5 de xuño e deberá formalizarse na web www.carreirasgalegas.com.
 
Como vén sendo habitual, a proba contará con distintas categorías para fomentar a participación da cidadanía. A categoría absoluta constará dun percorrido de 10 quilómetros pola zona verde do paseo do Burgo, unha da maiores da área metropolitana.
 
Para menores haberá categorías de xuvenil, cadete e infantil, cun trazado de 2 quilómetros,  e alevín e benxamín, dun quilómetro. Tamén haberá unha carreira simbólica para os máis pequenos, das categorías prebenxamín e pequerrecho, xa sen clasificación.
 
A medición de tempos levarase a cabo mediante chips nos dorsais que se poderán recoller previamente. Haberá  avituallamientos ao final e en metade da carreira.

Inauguración da exposición colectiva da Asociación de Artistas da Coruña.

Data : 
01/06/2018 - 19:30
Aula de Natureza “Juan Lembeye” do Xardín Botánico do Burgo. 19.30 h:
 
Inauguración da exposición colectiva da Asociación de Artistas da Coruña.
 
Ata o 30 de xuño.

Contacontos coa Dragona Ramona: Vou comerte

Data : 
01/06/2018 - 18:30
Biblioteca González Garcés do Burgo. 18.30 h:
 
Contacontos coa Dragona Ramona: Vou comerte.
 
A partir de 3 anos. Entrada libre.

Deportes náuticos e de aventura, oferta estival do Concello de Culleredo para os mozos

A Concellería de Xuventude do Concello de Culleredo, de acordo cos usuarios, deseñou unha oferta de campamentos de verán baseada nos deportes náuticos e de aventura, para os que se abre a inscrición a partir de mañá, martes 29 de maio.
 

Programa de actividades infantís para xuño nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de xuño para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).
 

Espectáculo 'Tropical'

Data : 
01/06/2018 - 19:30
O espectáculo 'Tropical' de Elefante Elegante chega ao Auditorio de Servizos Múltiples do Burgo ás 19:30 horas.
 
A entrada é de balde, deben recollerse as invitacións unha hora antes do acto.

V Rally de Culleredo de regularidade e vehículos históricos

Data : 
27/05/2018 - 09:00 - 16:00
Este domingo, 27 de maio, os veciños de Culleredo terán a sensación de viaxar atrás no tempo. Polas rúas do municipio rodarán os coches e as motos clásicas que participarán na quinta edición do Rally de Culleredo, de regularidade e vehículos históricos, organizado polo ‘Club clásico Os  Brozos’ coa colaboración do Concello e Motoclub Culleredo.
 

Este domingo os vehículos históricos rodarán por Culleredo

Este domingo, 27 de maio, os veciños de Culleredo terán a sensación de viaxar atrás no tempo. Polas rúas do municipio rodarán os coches e as motos clásicas que participarán na quinta edición do Rally de Culleredo, de regularidade e vehículos históricos, organizado polo ‘Club clásico Os  Brozos’ coa colaboración do Concello e Motoclub Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina