Presentación do documental "Mis ahorros, su botín"

Data : 
29/11/2012 - 19:30 - 21:00

O Concello impulsa unha alegación ao trazado do Camiño Inglés para evitar a AC-215

O goberno local proporá no pleno unha alegación ao trazado do Camiño Inglés da Xunta de Galicia. O Concello aposta por evitar infraestruturas moi transitadas coma a avenida Electo Carballo e levar o Camiño por rúas de menor intensidade para así protexer ao peregrino. A meirande parte do trazado discorrería polo paseo marítimo.

Presentación do documental "Mis ahorros, su botín" en O Burgo

O punto municipal de información ao consumidor de Culleredo colaborará  coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae), na presentación do seu documental “Mis ahorros, su botín”. A presentación da cinta terá lugar na Sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o día 29 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.

O deporte cullerdense, contra a violencia de xénero

O deporte culelrdense uniuse aos actos conmemorativos do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, promovidos desde o Concello. Os equipos de futbol cullerdenses Sofía Casanova e A Ponte Pasaxe colaboraron reivindicando un "Culleredo sen vitimas de violencia de xénero" nunha pancarta antes do comezo das competicións.

O Concello de Culleredo colaborou na I Copa Ibérica de kayaksurf celebrada a fin de semana

O Concello de Culleredo colaborou na organización da I Copa Ibérica de kayaksurf que se desenvolveu esta fin de semana na comarca. Tratouse da carta e última proba da Copa, e que polo tanto resolveu as clasificacións nas distintas categorías. Nela participou o cullerdense Javier Díaz. De especial relevancia foi a asistencia do campión mundial, Edu Etxeverría.

O Concello e os veciños do Burgo volven sumar forzas coa segunda Limpeza do río Trabe

Tras a primeira acción de limpeza voluntaria que tivo lugar o pasado outubro, o Concello e a asociación de veciños Río Trabe volven a unir forzas para avanzar na posta en valor do paseo do río Trabe. Será mañá sábado 24 de 10.00 a 13.00 horas. Contarase co apoio de Protección Civil para a retirada do lixo e maleza do leito do río.

El Ruiseñor actúa o sábado no Burgo contra a violencia de xénero

A compañía de teatro El Ruiseñor de Culleredo ofrecerá o sábado 24 de novembro a representación da obra "Cadenas", co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero. O acto será ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Entrada libre ata completar o aforo do auditorio do Concello de Culleredo.

Campamentos de Nadal 2012 do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os campamentos de Nadal 2012 que organiza. Baixo o lema de "Un Nadal divertido na casa da Dragona Ramona", os pequenos de 3 a 12 anos de idade poderán desfrutar de distintas actividades no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 26 ao 7 de xaneiro.

O Concello emprende un proxecto de prevención de accidentes nas aulas

A Concellaría de Educación pon en marcha unha nova edición da actividade de prevención de accidentes na rúa para o alumnado de Educación infantil de 5 anos. Trátase dos "Contacontos... con seguridade". Participarán na mesma 288 alumnos e alumnas dos colexios: CRA Culleredo, CEIP Plurilingüe Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Díaz Pardo e CPR A Ponte Pasaxe.

O Concello levará a pleno en novembro uns orzamentos de 22,5 millóns de euros

O Concello de Culleredo elevará ao pleno da corporación, que terá lugar o próximo 29 de novembro, a aprobación do Orzamento Municipal para o ano 2013. O alcalde, Julio Sacristán, prevé igualar ingresos e gastos no orzamento, por tanto tratarase dun orzamento equilibrado. Os ingresos e gastos roldarán os 22,5 millóns de euros, 1,3 millóns por baixo da contía aprobada o ano pasado. Neste descenso incide a decisión do goberno local de non incrementar as taxas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina