A Policía Local asumirá en 2013 a vixilancia nos tramos urbanos das vías autonómicas e provinciais

A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil de Tráfico establecen un protocolo de colaboración para optimizar a súa actuación no municipio. Ambos corpos de seguridade asinaron un acordo polo que se traspasa a atención nos tramos urbanos das principais estradas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña á Policía Local. Este protocolo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

O “Pintor Argüelles” reunirá aos afeccionados á pintura o domingo no paseo marítimo

A Festa da Pintura “Pintor Argüelles terá lugar o vindeiro domingo día 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos entre as 10:00 e as 14:00 horas. Ademais, os máis novos poderán participar nunha exhibición de graffiti.

Obradoiro de contos no Burgo

 

O Concello de Culleredo organiza no mes de agosto o ciclo de obradoiro de contos denominado "Agosto con Andersen". Ao longo dos mércores do mes, estas actividades infantís recordarán a obra do autor.

Circo nas naves da Cros

O Concello de Culleredo ten en mente, como xa é coñecido, que as naves da antiga fábrica da Cros acollan un gran centro cultural, referente na comarca. As estruturas foron consolidadas e descontaminadas e o proxecto está a espera do impulso económico ao que se comprometera o Goberno do Estado.

Culleredo estrea o uso cultural das naves da Cros coa celebración dunha gala de circo na rúa

Será este venres, 3 de agosto, a partir das 21.30 horas. A nave da Cros situada máis preto do paseo marítimo será escenario para un gran gala de circo na rúa.  Malabaristas, acróbatas, ou pallasos ofrecerán as súas técnicas baixo a estrutura da fábrica. Alí tamén se situarán os espectadores deste espectáculo que terá unha entrada libre e gratuíta.

O Concello de Culleredo baixa un 7% o salario de alcalde e concelleiros

O pleno aprobou a proposta de redución de salarios de concelleiros e de indemnizacións por asistencia que propuxo o goberno local. A redución é de aplicación aos membros da corporación con dedicación que terán unha redución de 7,1% do seu salario. Culleredo tamén rebaixará a contía por asistencia aos órganos do Concello nunca cuantía similar.

Torneos de Fútbol Afeccionado e Veterán de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrará entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregarán a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A continuación poden descargarse os calendarios de ambas competicións.

Doazón de sangue en Fonteculler

 
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata Culleredo o venres 10 de agosto. Estará situada en Fonteculler, a carón do kiosko, no horario de 16.00 a 21.00.

Culleredo incorpora cinco efectivos á Policía Local para crear unha patrulla a pé nos núcleos urbanos

A Policía Local de Culleredo incrementa o persoal con cinco novos axentes que se incorporan despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Con estes novos efectivos, o Concello reforzará a vixilancia creando unha patrulla a pé que estará presente mañá e tarde nos núcleos urbanos do municipio.

Encontro Folclórico Ancoradoira

 

XVII  ENCONTROS FOLCLÓRICOS ANCORADOIRA
 
28 de xullo de 2012
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
20:00 horas.

Grupos participantes:

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina