Listaxe de solicitudes presentadas para o curso de formación en marketing 2.0

O Concello de Culleredo pon a disposición da veciñanza a listaxe de solicitudes presentadas para o curso de formación marketing 2.0, modalidade en liña. 

Podes consultala no seguinte arquivo adxunto.

Listaxe de solicitudes presentadas para o curso de formación en comercio electrónico

O Concello de Culleredo pon a disposición da veciñanza a listaxe de solicitudes presentadas para o curso de formación en comercio electrónico, modalidade en liña.

O Concello de Culleredo rende unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia

Culleredo rendeu esta mañá unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia, xusto cando se cumpren dous anos do decreto do estado de alarma. Onte, a explanada do Burgo acolleu un acto ao que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; os edís e  edilas do grupo de goberno; María Rivas, subdelegada do Goberno; Esteban  Miguélez, Brigada da Garda Civil e Oliva García e Francisco Saavedra, en representación da Asociación Provincial de  Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, directoras e directores de varios centros educativos, persoal sanitario e as persoas homenaxeadas e as súas familias.

O Concello canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio

O Concello de Culleredo canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio. Desde a Administración local, que leva varias semanas traballando no plan de continxencia, decidiuse coordinar coas principais organizacións coas que ten convenio toda a loxística, xa que “neste momento, comunícasenos que a mellor maneira de prestar axuda é economicamente”, sinalan as persoas que integran estas ONG’s.

Corte na intersección da rúa Choeira por mor das obras de recuperación do Camiño de Santiago

O Concello de Culleredo procederá ao corte da intersección da rúa Choeira, á altura da igrexa, para continuar coas obras de recuperación do Camiño de Santiago nas rúas Catas e Choeira. 

Culleredo reivindicará o papel da Muller cunha simbólica plantación de flores lilás no Botánico

Baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe, para un mañá sostible” elixido polas Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional da Muller 2022, o Concello de Culleredo realizará un acto simbólico que ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre a problemática da desigualdade de xénero, dándolle visibilidade, poñendo en valor o papel da muller aínda discriminada en moitos eidos, e reivindicar un cambio de actitudes colectivas e individuais necesarias para acadar a igualdade real e xusta.

Avanzan as obras de renovación do parque infantil de Peiro

O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de mellora dos parques infantís do municipio. Neste sentido, continúan os traballos de renovación do parque infantil de Peiro, que dá servizo a un dos principais núcleos da zona rural. Terá un custo total de 37.212,07 euros, con cargo ao Plan Único da  Deputación da Coruña.

 

O Concello de Culleredo impulsa a formación para persoas desempregadas no ámbito do marketing 2.0

O Concello de Culleredo tamén pon a disposición da veciñanza un curso en liña no ámbito do marketing 2.0 e para persoas desempregadas. Está dirixido ás veciñas e veciños de Culleredo, de 18 ou máis anos, en situación de desemprego e inscritos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Haberá 30 prazas dispoñibles. Como se trata da modalidade enliña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo con conexión a Internet.

 

O Concello de Culleredo impulsa a formación en liña no ámbito do comercio electrónico para persoas desempregadas

O Concello de Culleredo pon en marcha un curso en liña sobre o comercio electrónico para as veciñas e veciños de 18 anos de idade ou máis, en situación de desemprego e inscritos/as no Servicio Público de Emprego de Galicia. Estarán dispoñibles un total de 30 prazas. 
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina