O renovado campo de Tarrío xa está listo para albergar competicións deportivas e adestramentos dos conxuntos locais

O Concello de Culleredo continúa apostando polas melloras nas infraestruturas deportivas do municipio coa renovación do campo de fútbol de Tarrío, no que se investiron un total de 261.500 euros na instalación dun novo firme de nova xeración.

A visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente adáptase á pandemia

A visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente adáptase á pandemia.

Cunha nova reorganización, a Cabalgata percorrerá as zonas rurais de Culleredo durante a mañá e a zona urbana na tarde. Da mesma forma, incrementaranse os puntos de paso, establecerase un dobre dispositivo de seguridade e non haberá recepcións.

Culleredo reordena a Cabalgata con dobre dispositivo de seguridade, máis percorrido e sen recepcións para adaptarse á situación sanitaria

O  Concello de Culleredo reorganiza a súa Cabalgata de Reis para adaptarse á situación sanitaria actual na procura de brindar unha maior seguridade para todas as persoas asistentes ao popular evento.

SORTEO DAS PRAZAS PARA A CAMPAÑA DA NEVE 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Consulta na seguinte nova a lista de persoas agraciadas no sorteo para a campaña de Neve 2022 da Deputación da Coruña, para a que o Concello de Culleredo tiña asignadas 12 prazas.

 

Culleredo convoca o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal e máis de 2000 euros en premios

O Concello de Culleredo convocou o II Concurso de Escaparatismo con motivo das festas de Nadal, no que pode participar calquera establecemento comercial do municipio. Deben permanecer instalados ata o 6 de xaneiro e iluminados ata as 22:00 horas durante esta tempada.

Culleredo reafirma a súa solidariedade coa doazón de máis de 200 quilos de alimentos para as familias máis necesitadas

O pobo de Culleredo amsosou novamente a súa solidariedade ao achegar máis de 200 quilos de alimentos para que non falten durante as Festas en ningún fogar do municipio.

Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da rúa Cubo

O Concello de Culleredo dá continuidade ao plan de mellora da rede viaria no rural co asfaltado da  rúa Cubo, traballos que deron comezo esta mañá. Coas actuacións darase resposta ás diferentes peticións transmitidas polos veciños para renovar o firme de estradas que se viron afectadas polo paso do tempo.

Campaña de doazón de material ortoprotésico

AgaELA lanza unha campaña de doazón de material ortoprotésico buscando a colaboración dos veciños do Concello de Culleredo.

Escape Room para a mocidade de Culleredo

A área de Xuventude do Concello de Culleredo organiza un Escape Room con motivo do inicio do Nadal. Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos de idade.

Inscrición: https://bit.ly/3GxpVrr

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina