O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, reuniuse esta mañá de urxencia coa concelleira de Seguridade Cidadá, a fin de analizar os feitos e poñelos en coñecemento da Subdelegación para que durante esta semana mantéñase unha reunión para dar solución aos problemas de convivencia que se xeran entre os clientes dun local de hosteleria con licenza de lecer nocturno e os veciños da urbanización.
O Concello de Culleredo informa que procederá a cortar ao tráfico rodado nun sentido da circulación a rúa Condes de Andrade os vindeiros días 5 e 6 de novembro, venres e sábado respectivamente.
Hoxe, mércores 3 de novembro, comezaron as obras para a ampliación da vía DP-0510, estrada principal da parroquia de Orro. Os traballos terán unha contía de 1.067.267.71
O Concello de Culleredo acollerá unha nova edición dos seus cursos de micoloxía. A formación incluirá clases teóricas no Pazo de Vila Melania os días 10, 11 e 12 de 20:00 a 21:30 horas e unha saída en bus na procura de cogomelos a Torrelavandeira, o sábado 13 de 09:30 a 14:00 horas.
O Concello de Culleredo informa que o vindeiro día 28 de outubro, xoves, e ata o vindeiro venres 29 do mesmo mes, a Avenida Ribados quedará parcialmente cortada ao tráfico rodado.
O Concello de Culleredo sumouse hoxe ás reivindicacións de ADACECO no Día Nacional do Dano Cerebral. O alcalde, José Ramón Rioboo, asistiu ao acto en María Pita e non quixo deixar pasar a oportunidade de “poñer en valor a loita diaria tanto das persoas que sofren esta doenza como de todos os familiares”, subliñou, á vez que destacou a “sorte” que ten Culleredo ao poder contar cun centro de ADACECO na Corveira, “onde se realizar un traballo excepcional”.
O Concello de Culleredo celebrará este xoves, 28 de outubro, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que se poderá seguir na canle oficial de YouTube da Administración local.
O ANPA do Conservatorio de Culleredo, en colaboración co centro, o Concello e a Secretaría Xeral pola Igualdade, continúa a súa firme aposta por unha educación en igualdade e organizará en novembro catro sesións versadas no devandito ámbito.
Desde mañá, xoves 21 de outubro, procederase ao corte da rúa Choeira, en Almeiras, por un período dun mes.
Esta situación débese ás obras de renovación do Camiño de Santiago que se están a realizar no Concello.
Tan só terán acceso as pesoas residentes da zona e habilitarase unha vía alternativa.
O Concello de Culleredo celeberará mañá, 20 de outubro, unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER