O Concello de Culleredo organizará o seu Campamento de Nadal “O segredo do Nadal polo mundo” do 22 de decembro ao 7 de xaneiro no CEIP Vila de Rutis. Esta actividade está pensada para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade e as inscricións poderán formalizarse do 29 de novembro ao 3 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Nela poderán superar retos para descubrir o gran secreto que esconden os habitantes dos diferentes continentes, sempre participando en equipo.
O ANPA Rosalía de Castro, do CEIP de Tarrío, organiza unha nova campaña de recollida solidaria de alimentos para o Nadal 2021, despois da impulsada o ano pasado. Debido á boa acollida desta iniciativa, este ano tamén se sumarán as organizacións de pais e nais do Vila de Rutis e do Sofía Casanova. O seu obxectivo é o de facer o reparto de todo tipo de víveres para que poidan gozar deles as familias do municipio que máis o precisen.
O Concello de Culleredo levará desde mañá o seu plan de melloras da seguridade vial nas zonas escolares na avenida de Rutis, vía que concentra un importante trasiego de alumnado. Alí actuarase nos accesos ao IES Rego de Trabe e ao parque deportivo de Acea de Ama.
O Concello de Culleredo comezou esta semana novos traballos de mellora de camiños anexos a parcelas agrícolas na parroquia de Celas, no lugar de Rumbo. Concretamente nas vías VP-359 e VP-400. Contan cun orzamento total de 34.736, 46 euros.
O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas por un total de 60.440, 89 euros. O obxectivo primeiro das obras é mellorar a plataforma existente para o tráfico rodado, optimizando así as conexións e mellorando a seguridade viaria.
Seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña.
No Concello de Culleredo terá lugar o vindero 11 de decembro.
O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de ampliación e mellora tanto da drenaxe como das pavimentacións nas rúas nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar. O proxecto conta cun orzamento de 193.138, 66 euros.
O Consello Escolar de Culleredo reuniuse onte en sesión extraordinaria para abordar, novamente, unha das principais inquietudes xurdida na comunidade escolar desde o inicio do curso académico: O recorte de profesorado, de persoal coidador ou os cambios en horarios determinados pola Consellería de Educación.
O Concello de Culleredo prepara a renovación da rúa Laxe, concretamente dos viais VP-23 e VP-29, cuxo proxecto está en fase de licitación e por un valor de 241.451,56 euros. As principais liñas de traballo deste proxecto céntranse nos aspectos de modernización de pavimentos, execución de labores de conservación e mantemento, mellora da drenaxe, reposición dos servizos afectados polas obras e renovación da sinalización.
Seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña.
No Concello de Culleredo terá lugar o vindero 11 de decembro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER