O Concello de Culleredo fixo entrega hoxe dos premios aos gañadores do seu Entroido Choqueiro, o concurso telemático de disfraces organizado este ano ante o contexto sanitario. O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Unha vez efectuado o sorteo público do 23 de febreiro para seleccionar ao alumnado participante, o Concello de Culleredo, a través do servizo de Dinamización, Formación e Emprego dá comezo o proxecto de formación para sustentabilidade ambiental, que promove a formación, plantación e produción de horticultura ecolóxica, constituíndose como unha actividade lúdico-educativa enfocada a veciñas e veciños do municipio co fin de fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respectuosa co medio ambiente.
Consulta aquí a acta do sorteo público realizado para a selección das persoas usuarias dos hortos urbanos do xardín botánico do Burgo e do Pazo de Vila Melania de Vilaboa.
Os Concellos da Coruña e Culleredo decidiron unir forzas para impulsar en conxunto obradoiros de emprego, iniciativas co obxectivo de apoiar a inserción laboral dos veciños e veciñas, á vez que levar a cabo actuacións de interese para o municipio.
O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O Concello de Culleredo pide colaboración para cubrir esta enquisa de cara a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A meta é coñecer os hábitos de mobilidade da cidadanía.
Para asistir como público ao sorteo do proxecto formativo para a sustentabilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo 2020/2024, comunicamos que o acto terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro ás 10:00 horas no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso", sito na rúa Antonio Machado, s/n, O Burgo, Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER