Mercar en Culleredo ten premio!

O Concello de Culleredo emprende unha campaña para incentivar as compras nos establecementos locais a través do sorteo de 6.000 euros en tarxetas regalo. Consulta as instruccións e comercios participantes na iniciativa.

Culleredo implicará a empresas e asociacións coa recollida de xoguetes porta a porta para Cruz Roja

O Concello de Culleredo e Cruz Roja poñen en marcha unha campaña que ten como obxectivo, por unha banda, conseguir xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos de Culleredo e por outro ofrecer unha canle para a solidariedade veciñal que ano tras ano mostra o seu desexo de colaborar.
 

Culleredo renova a rúa Fernando Pérez de Traba, no centro do Burgo

A rúa Fernando Pérez de Traba, en pleno centro do Burgo, xa conta cunha nova imaxe. O  Concello de Culleredo executou as obras de renovación da vía, de eminente carácter residencial, para mellorar as súas condicións no uso diario por parte dos veciños.

O Concello de Culleredo convoca o I Concurso de Escaparatismo de Nadal

O Concello de Culleredo convoca o I Concurso de Escaparatismo de Nadal, no que poderán participar todos os comercios abertos ao público do municipio, sexa a que sexa a súa actividade. Poderanse ver en www.omellorescaparatedeculleredo.gal.

Acto público da Xunta de Goberno Local do luns 30 de novembro

A Xunta de Goberno Local do día 30 de novembro ás 13.30 horas tratará en acto público a resolución dos puntos incluídos na seguinte orde do día: 

1.- Aprobación da acta da sesión ordinaria realizada en data 23 de novembro de 2020. 

2.- Propostas. 

     2.1.-Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposta de adxudicación do contrato basado no acordo marco para a contratación do subministro de electricidade en alta e baixa tensión pola central de contratación da FEMP. 

3.- Dacións de conta.

     3.1.- Escritos e comunicacións. Publicacións oficiais. 

     3.2.- Resolucións e actividades das distintas concellerías delegadas. 

4.- Asuntos sobrevidos. 

5.- Rogos e preguntas. 


 

Culleredo celebrará un pleno ordinario mañá, xoves 26 de novembro

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 26 de novembro, un pleno ordinario coa seguinte orde do día: 

O Concello de Culleredo aprobou en pleno o Plan para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

O Concello de Culleredo aprobou no pleno do 29 de outubro de 2020 o Plan para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

DÁLLE LIKE Á IGUALDADE

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa a campaña 'Dálle like á igualdade' de cara ao vindeiro 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para concienciar á sociedade da importancia de derrocar as actitudes e comportamentos machistas arraigados no noso modelo social. 
 
 
 

O Concello de Culleredo adhírese á Campaña 25N da Deputación de Coruña

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende a Área de Igualdade da Deputación da Coruña ponse en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente a implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo e empresarial, familias, etc.

O Concello de Culleredo intensificará os controis nas zonas de paseo do municipio

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo este mediodía unha nova reunión coa Consellerías de Sanidade e cos representantes dos Concellos da área metropolitana afectados polo peche perimetral. O número de casos activos en Culleredo é hoxe de 74, o que supón 9 máis con respecto a hai 2 días.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina